09/09/2008
Morre na Coruña Juan Rodríguez Guisán un dos pioneiros da dobraxe en Galicia
Foi actor de teatro, cine e televisión pero despois canalizou a súa experiencia na primeira empresa da dobraxe que houbo en Galicia. Juan Rodríguez Guisán morreu este domingo na Coruña cidade na que vivía desde 1982. Foi un dos pioneiros da rodaxe e, entre os fitos que destacan no seu currículo, figura a dobraxe ao galego de
Os gozos e as sombras con asesoramento lingüístico do académico Marino Dónega..
Amplía a nova>>
09/09/2008
Póñense en marcha os primeiros grupos da plataforma I+dea para buscar formatos e contidos innovadores
O futuro do audiovisual pasa inexorablemente polo dixital. Por ese motivo, un grupo de empresas do campo dos contidos e das telecomunicacións puxeron en marcha unha plataforma I+dea para identificar e explorar as novas posibilidades de negocio. A primeira dos cinco grupos de traballo desta plataforma púxose o venres sobre as posibilidades da formación a través de novas tecnoloxías, mentres que hoxe o fixo o grupo que fai referencia aos contidos e formatos. Nestas xuntanzas os integrantes definiron as prioridades, os proxectos e liñas de actuación para os vindeiros meses..
Amplía a nova>>
08/09/2008
Os roubos e as fuxidas protagonizan un ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia
Roubos, fraudes, evasións, estafas e as súas correspondentes fuxidas. Todo iso ben planificado e artellado que converten os caper movies (filmes de atracos) nun suculento cartel de cine. Isto é o que fixo a Fundación Caixa Galicia con “Grandes golpes, grandes fuxidas”, o ciclo co que encherá de cárceres, billetes, policías e ladróns as súas sedes culturais. A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo serán os escenarios destes filmes..
Amplía a nova>>
05/09/2008
Increméntase nun 50% a participación no certame Curtas na rede
A falta de tres días para que remate o prazo de envío xa se teñen presentadas 142 curtametraxes, 20 micromovies e 30 cápsulas ao certame
Curtas na rede. Un programa de promomoción destes formatos organizados pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude. Así o notificaron os seus organizadores na presentación de “Bobi”, a estatuíña que recibirán os gañadores no trancurso da gala de entrega de premios (29 de outubro no Teatro Colón da Coruña)..
Amplía a nova>>
05/09/2008
149 traballos competirán polos oito premios que concede Curtocircuíto
Despois das proxeccións na rúa durante todo o verán, o certame de promoción da curtametraxe do Concello de Santiago entra nunha nova etapa. O xurado deu a coñecer onte os traballos que superaron a súa peneira e pasan á sección oficial. En total 149 traballos competirán en 4 seccións diferentes: Categoría Galega, Feito en España, Internacional (que agrupa ficción, animación e documental) e Explora (que inclúe as curtas máis innovadoras presentadas este ano). Os filmes seleccionados poderán verse no Teatro Principal do 17 ao 24 de outubro. .
Amplía a nova>>
04/09/2008
Vinte e catro traballos inauguran o festival de curtametraxes de Bueu
O luns comeza en Bueu a primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes. Un evento que organiza a produtora Melodía Visual e o concello co interese de recuperar un acontecemento que se desenvolveu nesta localidade pontevedresa ata hai dous anos. Un total de 24 curtametraxes compiten polos 2.000 euros en premios (mellor curta, premio especial do xurado, do público, curtametraxe galega) dun certame que nace co interese de conseguir unha maior visibilidade deste tipo de formatos. Desde o luns 8 ata o venres 12, o Centro Social do Mar acollerá a proxección de cinco traballos diarios (ás 21:30 horas), mentres que o sábado terá lugar a gala de clausura coa entrega dos premios..
Amplía a nova>>
03/09/2008
Os clústeres reciben cartos de Industria para abrir novas vías de traballo
Os diferentes clústeres que existen en Galicia (audiovisual, produto gráfico, automoción, naval, acuicultura biotecnoloxía e madeira) queren mellorar a súa competitividade. Por ese motivo, a Consellaría de Industria acaba de asinar un convenio polo que lles dá tres millóns de euros para abrir diferentes liñas de traballo. Con esa achega, o do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego elaborarán un estudo das posibilidades de negocio e fomentarán os consorcios de exportación, ademais de crear un libro de estilo do mundo gráfico. No caso do do audiovisual, a medida servirá para pór en marcha unha unidade que permitirá avanzar na creación e explotación de contidos dixitais, fomentará a presenza no estranxeiro e creará a marca
Galicia audiovisual..
Amplía a nova>>
02/09/2008
Seis títulos e unha xuntanza conforman a II Mostra de Cine de Cine Arxentino
Tacholas,
O asaltante,
As mans,
O resultado do amor,
Sentimentos,
Mirta de Liniers a Estambul e
A velocidade funda o esquecemento son os títulos que se poderán ver en Vigo do 12 ao 19 de setembro no marco da 2ª mostra de cine arxentino. Unha actividade que se completará con diferentes reunións de traballo dos asinantes do Acordo Raíces, xurdido en 2003 para potenciar as relacións audiovisuais das produtoras independentes entre Galicia, Arxentina e Cataluña. Un acordo que logo contaría cun fondo económico para a promoción da producións audiovisual independente ao que se incorporou Andalucía e do que se desvinculou Cataluña. .
Amplía a nova>>
02/09/2008
Un barítono coruñés protagoniza un filme de Saura sobre un letrista de Mozart
Estes días preséntase na Mostra de Venecia a vida de Lorenzo da Ponte, amigo de Giacomo Casanova en Venecia e letrista de Wolfgang Amadeus Mozart, co que traballou en Viena tras ser desterrado de Italia polo seu aloucado estilo de vida. Este biopic co que Carlos Saura se achega á figura de Mozart ten cun peculiar protagonista: Borja Quizá. Este coruñés é moi coñecido nos circuitos líricos (á mesma hora que Saura presentaba un adianto do filme no Lido, Borja ensaiaba en Madrid unha ópera de Verdi que pronto estreará no Teatro Real) e participa nesta incursión puntual no sétimo arte, ao tratarse dun proxecto moi plástico que está a medio camiño entre un musical e un biopic..
Amplía a nova>>
02/09/2008
Unha exposición abre o programa do III Festival Galego de Cabaré
A Coruña recolle o testemuño prestado por Pontevedra e Ourense e convertirase durante este mes de setembro na referencia do cabaré. O terceiro festival deste xénero que combina danza, teatro e música chega á cidade herculina esta semana cunha exposición; baixo o título de
Expocabaré 08 recóllese o que deron de si as outras edicións e ten a peculiaridade que comezará a exhibirse no Forum Metropolitano para ir pasando logo por diferentes espazos herculinos. Pero o núcleo forte da programación comezará o luns 22, cando teñan lugar as grandes actuacións. Na programación destaca a sección
Café cantante, que achega o xénero a diferentes locais nocturnos da cidade, e
Forum 4, nome que reciben os catro espectáculos que terán lugar no Forum Metropolitano..
Amplía a nova>>