Foi actor de teatro, cine e televisión pero despois canalizou a súa experiencia na primeira empresa da dobraxe que houbo en Galicia. Juan Rodríguez Guisán morreu este domingo na Coruña cidade na que vivía desde 1982. Foi un dos pioneiros da rodaxe e, entre os fitos que destacan no seu currículo, figura a dobraxe ao galego de Os gozos e as sombras con asesoramento lingüístico do académico Marino Dónega.







