25/09/2008
Ponse en marcha Cinensino, o programa didáctico para a prevención das drogas
Trátase dun programa educativo que pretende a prevención da drogadición pero que emprega o cinema como ferramenta. A edición deste ano de Cinensino xa está en marcha e mantén a mesma metodoloxía: asistencia a proxeccións de cine xunto con clases formativas. Cada centro escolar deberá inscribirse no programa e, unha vez feita a solicitude recibirá do Servizo Galego de Saúde asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo propio profesorado. .
Amplía a nova>>
23/09/2008
Pradolongo recibe hoxe o premio Ciudad de San Sebastián Film Comission
No marco do Festival de Cine de San Sebastián celébrase hoxe o acto de entrega do premio
Ciudad de San Sebastián Film Comission que recaeu no filme de Ignacion Vilar,
Pradolongo. O filme, que foi proposto polo Consorcio Audiovisual de Galicia para este galardón, tamén se exhibirá no marco da sección
Made in Spain. En San Sebastián estará, ademais de persoal do Consorcio de Santiago, representantes da Santiago de Compostela Film Comission para repartir material promocional; e de
Galicia Calidade, entidade que ofrecerá unha degustación de produtos galegos..
Amplía a nova>>
19/09/2008
Convocadas as axudas a estreas de obras audiovisuais
Curtametraxes, longametraxes, telefilmes, pilotos de serie de televisión e videoxogos ou outras obras multimedia poderán concorrer as axudas para a promover a súa estrea. A Secretaría Xeral de Comunicación destina 300.000 euros nesta convocatoria para dar a coñecer ao público este tipo de traballos. .
Amplía a nova>>
18/09/2008
Galicia busca nas súas raíces
O proxecto Raíces non é unha iniciativa baladí. É unha das principais liñas de produción que establece o Consorcio Audiovisual de Galicia (se excluímos Semprecinema), unha diana constante de críticas e unha iniciativa que reparte cada ano 500.000 euros. Os seus responsables xuntáronse esta semana en Vigo, no marco da segunda mostra de cine arxentino en Galicia, para axustar flocos e trazar liñas de futuro..
Amplía a nova>>
17/09/2008
Televisión de Galicia presenta as bases do seu plan de apoio ao sector audiovisual
É un documento de mínimos, que pacta as condicións básicas polas que a CRTVG apoiará e potenciará a produción audiovisual galega ata o 2010. O documento foi publicado no web a CRTVG e resposta ás demandas que o sector lle transmitiu a Emilio Pérez Touriño nunha xuntanza no pasado mes de xuño. O documento establece que destinará 13.120.000 euros a precompras (dereitos de emisión sobre a versión galega e dereitos de explotación comercial) ou encargos de produción de longametraxes e películas para televisión e documentais. A convocatoria sairá publicada ao longo do mes de outubro e, entre os seus criterios figura a versión orixinal en galego, equipo técnico e artístico galego, rodaxe en Galicia e o plan de financiamento..
Amplía a nova>>
17/09/2008
Dous dos tres filmes que optan a representar a España nos Óscar teñen participación galega
Os xirasois cegos (Jose Luís Cuerda, 2008) e
Sete mesas de billar francés (Gracia Querejeta, 2007) comparten, desde onte, algo máis que ser películas rodadas en Galicia. Son tamén dúas das tres producións que están na carreira por representar a España nos Óscar. A Academia Española de Cinematografía deu a coñecer onte os tres títulos (a terceira é
Sangue de maio de Jose Luis Garci) que pasaron a peneira entre máis de oitenta producións. A película de Gracia Querejeta xa estivo un tempo na carteleira e, segundo datos do Ministerio de Cultura, tivo 219.599 espectadores; da de Cuerda aínda non hai datos definitivos tendo en conta que só leva tres semanas en cartel, mentres que a Garci aínda non chegou ás salas de cine. .
Amplía a nova>>
16/09/2008
A Semana de Cine de Lugo cumpre trinta anos ollando cara Cuba
“Non xogamos na primeira división” aseguraba Xulio Xiz na presentación da Semana de Cine de Autor de Lugo que comeza o vindeiro domingo. Pero o que si está claro é que despois de trinta edicións, o colectivo fonmiñá conseguiu facer unha programación cinematográfica estable e continuada. Con respecto á programación deste ano no que Cuba será o país convidado (cun ciclo na Biblioteca Provincial e unha sección especial ao realizador Gutiérrez Alea) contará coas sesccións oficial, infantil, igualdade, imprescindible e renderá unha homenaxe á xornalista Tonina Gay. .
Amplía a nova>>
15/09/2008
Un ciclo trae a Vigo filmes arxentinos independentes
Vigo acolle desde o sábado o apartado expositivo do
proxecto Raíces, un programa xurdido no 2002 para fomentar as relacións cinematográficas entre Galicia e Arxentina. O proxecto abrangue dous apartados: un financeiro (un fondo de coprodución) e un expositivo. Este último comezou en Vigo o sábado cun documental homónimo sobre a figura do actor galaico-arxentino, Tacholas. Por diante quedan cinco días de proxeccións nos que se poderán ver títulos como
O asaltante,
Sentimentos e
A velocidade funda o esquecemento..
Amplía a nova>>
11/09/2008
Galicia contará co cobertura total da TDT cando se produca o apagón analóxico
A cobertura actual da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia está no 90% da poboación, pero a Secretaría Xeral de Comunicación pretende chegar ao 98% antes do apagón analóxico (no 2010). Por iso, no acto de inauguración das novas instalacións de Retegal, anunciou un investimento de 30 millóns máis para poder cumprir con ese compromiso. Mentres, continúan paulatinamente as etapas de transición, a próxima zona en producirse o paso á TDT é Santiago e Ourense este, previsto para xuño de 2009. Tendo en conta a difícil orografía de Galicia, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, apuntou que se contempla a cobertura por satélite para as zonas de sombra..
Amplía a nova>>
11/09/2008
O director e debuxante David Rubín preséntanos o filme de animación Espírito do bosque
Mañá chega ás carteleiras as aventuras de Furi, Linda, Piorno e Cebolo. As personaxes que descubrimos en
O bosque animado vólvense enfrontar aos señores Dabondo nun filme cun claro contido ecoloxista.
O espírito do bosque da factoría Dygra terá seis copias en galego e conta con novos directores: Juan Calvo Pena e o debuxante David Rubín. Este último adiántanos algunhas das características deste filme que chegará a duascentas cincuenta salas nunha aposta firme e decidida da empresa coruñesa..
Amplía a nova>>