“Non xogamos na primeira división” aseguraba Xulio Xiz na presentación da Semana de Cine de Autor de Lugo que comeza o vindeiro domingo. Pero o que si está claro é que despois de trinta edicións, o colectivo fonmiñá conseguiu facer unha programación cinematográfica estable e continuada. Con respecto á programación deste ano no que Cuba será o paÃs convidado (cun ciclo na Biblioteca Provincial e unha sección especial ao realizador Gutiérrez Alea) contará coas sesccións oficial, infantil, igualdade, imprescindible e renderá unha homenaxe á xornalista Tonina Gay.