03/10/2008
Un foro analiza a relación entre o audiovisual e a lingua galega
¿O futuro da industria do cine pasa pola lingua? ¿Cal é o mercado das producións feitas en lingua minorizadas? Estas son algunhas das cuestións que se porán sobre a mesa no foro
A lingua fendida. O audiovisual e o galego (14 e 15 de outubro) que organiza a Academia Galega do Audiovisual. O encontro intégrase no marco do Festival de Cine de Ourense con dúas xornadas diferenciadas: a primeira servirá para coñecer os casos de realidades culturais semellantes a Galicia (Euskadi, Catalunya, Québec e Gales), mentres que a segunda daralle a palabra aos profesionais galegos (que falarán dos puntos de vista económico, artístico e sociocultural ademais de encol da dobraxe, que cumpre 26 anos)..
Amplía a nova>>
02/10/2008
O documental Eloxio da distancia abrirá o Festival de Cine de Ourense
Faltan menos de dez días para que comece a undécima edición do Festival de Cine de Ourense, e imos tendo información pouco a pouco. O último en coñecerse é que este ano a organización programou proxeccións matutinas a un euro (as vespertinas a 4 euros), ademais de separar os espazos de exhibición en función da programación. Así, o Teatro Principal albergará cine latinoamericano mentres o Centro Cultural da Deputación albergará os filmes do
Panorama Galicia. Ademais,
Eloxio da distancia de Felipe Varela e Julio Llamazares será o documental encargado de abrir o certame o vindeiro 11 de outubro..
Amplía a nova>>
01/10/2008
O Ministerio de Cultura contempla nos seus orzamentos potenciar as industrias e as empresas culturais
Fomentar a creación, conservación, protección, recuperación e difusión. Estes son os principios obxectivos da política cultural do goberno estatal para 2009. Así se desprende no borrador de orzamento do Ministerio de Cultura que se pode consultar no web do de Economía. A crise tamén afecta ao ámbito cultural e o departamento dirixido por Cesar Antonio Molina sofre un dos incrementos máis baixos (0.5%) con respecto ao ano anterior. Isto supón mudar algúns proxectos anunciados. Non figura no borrador a conversión do Instituto da Cinematografía e Artes Audiovisuais en Axencia (contemplada na Lei do Cine). Entre as novidades destaca a reorganización administrativa para poder incorporar como eixe de actuación o fomento das industrias e empresas culturais. Este cambio supón crear liñas de préstamos e subvencións dos custes financeiros e axudas para modernizar a adaptación tecnolóxica das empresas, entre outras medidas. O obxectivo último, segundo di o borrador, é “reducir progresivamente o peso das subvencións directas para desenvolver unha política de apoio á empresa cultural”. Nesta dirección, Cultura impulsará a transformación do INAEM nunha Axencia. .
Amplía a nova>>
30/09/2008
Maiores e pequenos adquiren protagonismo nesta edición de Curtocircuíto
A organización de Curtocircuíto evidencia cada día o interese por achegar este programa de promoción da curtametraxe a todos os públicos. Se hai uns días anunciou que maiores de toda Galicia chegarán a Santiago en autobús para poder ver un programa de sete curtas preparado especificamente para eles, agora chega o momento dos máis pequenos. O realizador de traballos como
Minotauromaquia, Juan Pablo Etxeberry, ensinaralle aos rapaces como se fai unha curta de animación. Durante unha semana farán unha curta que se poderá ver na gala de Clausura do Festival, o 24 de outubro. Este obradoiro únese aos que xa existían para os pícaros: o de proxeccións e o de iniciación á interpretación..
Amplía a nova>>
30/09/2008
O cine anega a programación do CGAC en outubro
Hai tempo que o CGAC lle presta unha atención particular na súa programación ao cinema. E este mes de outubro é un exemplo evidente desta relación. En primeiro lugar porque acollerá a II edición de Cinecidade-As cidades imaxinarias que organiza a delegación santiaguesa do Colexio de Arquitectos.
Blade Runner ou
Metrópolis son algúns dos traballos que se poderán ver do 7 ao 10 de outubro. Unha semana despois acollerá as programacións de Curtocircuíto, o festival de curtametraxes do Concello de Santiago (17 ao 24) para rematar o mes coas proxeccións da
Artist Film and Video Association (28-30) e os seus traballos fílmicos experimentais..
Amplía a nova>>
29/09/2008
A programacion de outubro do CGAI achegará películas sobre A Coruña
Cien infantil, continuación co ciclo de películas francesas, varias sesións de curtametraxes, unha homenaxe a Terence Davies e un programa especial destinado aos filmes vencellados coa cidade herculina. Estas son as claves da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) para o vindeiro mes de outubro. Ademais, en colaboración coa Asociación de Amigos de Casa das Ciencias haberá unha nova edición do ciclo
Cine e ciencia (23, 29 e 30 de outubro)..
Amplía a nova>>
29/09/2008
O filme Conversacións co meu xardineiro gaña o premio do público da Semana de Cine de Lugo
O domingo pechaba as súas portas a XXX Semana de Cine de Autor de Lugo coa entrega dos premios. O público, que este ano se volcou co certame batendo marcas de asistentes, elexiu como mellor película o filme francés
Conversacións co meu xardineiro. En segundo lugar quedou a película
Aritmética emocional e, en terceiro,
A voda de Tuya.Con esto péchase o programa oficial, mentres que as exposición de carteis de Eduardo Muñoz e do
O cabaleiro de París continuarán abertas ata final de mes..
Amplía a nova>>
29/09/2008
O audiovisual galego bate marcas de produción
Desde o 2003 ata o día de hoxe o audiovisual galego incrementou todas súas cifras. As de facturación (pasou de 161 millóns de euros a 221), as de número de empresas (de 352 a 411), as de xente que emprega (de 2.300 a 2.700) e de producións (de 101 a 273). Son as cifras que facilita (agás producción que as fixo públicas a Consellaría de Cultura) o Observatorio do Audiovisual que depende da Secretaría Xeral de Comunicación. Os datos que manexa o Observatorio evidencian que as televisións e o sector de animación obteñen cifras negativas (perden o dobre do que facturan), mentres que as empresas de dobraxe son as que amosan maior rendibilidade..
Amplía a nova>>
26/09/2008
Agapi convoca unha xornada para falar da distribución e consumo audiovisual
Hai tempo que o sector audiovisual sabe que o seu camiño pasa pola innovación tecnolóxica. De aí que non é de extrañar que, de cando en cando, haxa múltiples seminarios, foros ou xornadas para unir ambas disciplinas e ver como se produce, distribúe ou comercializa. O último exemplo é o encontro
Novas formas de distribución e consumo audiovisual" que organiza AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria. Este encontro terá lugar o 8 e 9 de outubro e reunirá a expertos nos formatos dos novos medios e dos contidos do sector audiovisual e das telecomunicacións..
Amplía a nova>>
26/09/2008
Tres producións galegas están presentes nesta edición de Animadrid
Animadrid é unha das mostras máis palpables de que a animación está a superar o tópico de que se trata dun xénero infantil. A sección oficial competitiva inclúe desde filmes sobre animais en perigo de exintición ata as peripecias de dous atolondrados turistas norteamericanos que chegan a Galicia non aptas para nenos. O certame comeza hoxe en Madrid e hai tres producións galegas no seu cartel: dúas na sección oficial competitiva (
The Werepig e
O pintor de ceos) e outra no apartado que da a coñecer unha visión contemporánea (
A meiga chuchona)..
Amplía a nova>>