09/10/2008
Dezaseis empresas participan no mercado de contidos audiovisuais e dixitais máis importantes do mundo
O vindeiro luns comeza en Cannes un dos mercados máis importantes de contidos audiovisuais e dixitais, o MIPCOM. Unha cita que este ano ten España como país convidado e ao que asistirá unha delegación de 16 empresas galegas baixo o paraugas do Consorcio Audiovisual. Unha oportunidade que lle permitirá coñecer de primeira man as tendencias audiovisuais e futuras dos mercados televisivos e multimedia, ademais da oportunidade de comercializar e presentar os seus proxectos. De xeito paralelo ao MIPCOM desenvólvese o MIPCOM, especializado en contidos dixitais e audiovisuais infantís e xuvenís..
Amplía a nova>>
09/10/2008
Un foro analiza as posibilidades de negocio dos contidos audiovisuais nas novas tecnoloxías
Expertos e profesionais no campo do sectores audiovisual e das telecomunicacións falarán ata mañá en Santiago sobre as novas formas de distribución e de consumo audiovisual. A cita está organizada por Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e divídese en cinco mesas de traballo: dixitalización de contidos, canles de distribución, exhibición dixital, explotación baixo demanda, novos formatos para novos medios e oportunidades de negocio. Este encontro especializado inclúe desde espazos de reflexión ata o coñecemento de experiencias concretas a cargo dos propios axentes que as desenvolven. .
Amplía a nova>>
09/10/2008
Enrique Nicanor, director do Festival de Cine de Ourense: "pretendemos traer referencias do que pasa noutras cinematografías"
Aterrou no Festival de Cine de Ourense o ano pasado, un mes antes de que comezase a súa duodécima edición. Un ano despois, Enrique Nicanor comeza a sentar os alicerces do seu proxecto comezando por dotar o festival dun local fixo e un equipo de traballo. Este ano comezan a verse os sinais de identidade que pasan por un certame pequeno con grande atención ao que se está a facer noutros países e aos novos formatos. Porque, como se pregunta o director, ¿cómo se pode traballar sen referentes?.
Amplía a nova>>
09/10/2008
A ciencia protagoniza un ciclo de cinema na Coruña
A Asociación de Amigos da Casa das Ciencia presenta esta tarde no FNAC da Coruña a I Mostra de Ciencia e Cinema, que transcorrerá entre o 22 e o 25 deste mes. Este novo encontro conta con 13 filmes desta temática que competirán por un primeiro premio de 6.000 euros e un segundo de 3.000. Ademais, celebrarase un ciclo de clásicos de ciencia ficción no FNAC e proxeccións sobre cine e ciencia no Centro Galego de Artes da Imaxe. Documentais galegos, un obradoiro de guión para documentais científicos, teatros, coloquios, exposicións e sesións de astronomía urbana completan o programa..
Amplía a nova>>
08/10/2008
Dous filmes galegos participarán na Seminci
Os mortos van ás présas e
A noite que deixou de chover son as dúas producións galegas que este ano estarán presentes na 53 edición do Festival de Cine de Valladolid, á falta de que a organización facilite o programa definitivo. Non o farán na sección oficial a competición, senón nun dos ciclos paralelos que se chama
Punto de encontro, que ten a particularidade de que é o público quen elixe o filme gañador. .
Amplía a nova>>
07/10/2008
Animacam nace coa intención de converterse no referente galego na animación na rede
Todo comezou no 2005 cando Xosé Luis Carneiro decidiu buscar unha ferramenta que permitira xuntar todos os creadores, realizadores... en resumidas contas, profesionais do sector da animación. Os primeiros signos de todo este traballo plásmase en Animacam, o primeiro Festival de Animación en Liña que acaba de pechar o período de recepción de proxectos. Seis categorías (e, polo tanto, seis premios) máis cinco premios especiais que escolleran os mellores traballos de animación dos 160 que hai a competición. Uns galardóns que se entregarán o vindeiro 21 de decembro. Este festival fai parte dun proxecto máis ambicioso polo que os seus organizadores pretenden crear unha comunidade, un lugar de encontro para os profesionais de animación do mundo que, a día de hoxe, xa ten rexistrados os datos de contacto de 50.000 persoas do sector. .
Amplía a nova>>
07/10/2008
Comezan as proxeccións de todos os traballos presentados a Curtas na rede
Será o vindeiro 28 de outubro cando teña lugar na Coruña a gala de entrega dos premios
Curtas na rede. Pero os traballos presentados poderanse ver antes, todos os martes do mes de outubro entre as 18:00 e as 20:00 horas nos locais do Centro Multimedia de Galicia. De xeito paralelo ás proxeccións tamén haberá diferentes conferencias: Pedro J. Romero, que falará sobre o futuro dos blogs e sobre videoblogs; mentres que Ignacio Vilar cotnará a súa experiencia en
Pradolongo..
Amplía a nova>>
06/10/2008
Narón acolle o primeiro ciclo Cinema e sociedade
A comarca de Ferrolterra é o exemplo máis evidente da decadencia cinematográfica. Se a principios do século XX había preto dunhas setenta salas de cinema, a día de hoxe só quedan dúas. E as imaxes de todos eses espazos pode verse na exposición que inaugura a mostra “Cinema e sociedade” que se organiza no concello de Narón para amosar como a cinematografía se achegou á realidade. Ademais da exposición, ata o vindeiro sábado proxectaránse na localidade máis dunha ducia de filmes que abordan, desde diferentes puntos de vista, a sociedade actual. .
Amplía a nova>>
06/10/2008
Peque Varela gaña o Mívico 08 coa súa curta 1977
A película 1977, da realizadora Peque Varela, o traballo
Bata por fóra (muller por dentro), de Daniel Castro e o filme
After Shave de Daniel Castro, foron os gañadores da II Mostra Internacional de Video Creación do Condado nas categorías de Mellor Videocreación, Mellor Documental e Mellor Curtametraxe de Ficción.
O premios, dotados dunha contía económica de 400 euros e un ‘Miviquiño’, realizado pola artista gráfica Noelia Outeda, entregáronse esta noite no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, un espazo no que se desenvolveron todas as proxeccións.
.
Amplía a nova>>
03/10/2008
Un ciclo explora a relación entre o cinema e a cidade
A cidade non é só un tema de estudo para urbanistas, arquitectos, economistas, sociólogos, senón tamén realizadores e directores. É o escenario no que se sitúan numerosos filmes que mesmo se converte nun protagonista máis. Esa relación é a que está presente en
Cinecidade: A cidade imaxinada, o ciclo de cine que organiza o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) en colaboración co CGAC (lugar no que se proxectarán os filmes ás 20:00 horas). Como o ciclo comeza o 6 de outubro, Día Mundial da Arquitectura, o COAG aproveitará para proxectar na praza da Quintana o video-clip
The Child (música de Alex Gopher) de Antoine Bardou-Jacquet. .
Amplía a nova>>