20/10/2008
Un filme sobre o papel da Igrexa na Guerra Civil abre a XXII edición de Cineuropa
Cineuropa inicia a conta atrás. O vindeiro 3 de novembro comezará a XXII edición deste festival que mantén a súa estrutura: proxeccións de filmes independentes, sociais e de autor. O festival abrirá as súas portas o día 3 con
A boa nova, o filme sobre o papel da Igrexa durante a Guerra Civil do que falarán en Santiago a súa directora, Helena Taberna e o seu actor protagonista, Unax Ugalde. Un día despois comezará a sección oficial a competitición con títulos como a Palma de Oro en Cannes
Entre os muros de Laurent Cantet,
Blindness a adaptación realizada por Fernando Meirelles da obra de José Saramago
Ensaio sobre a cegueira, ou a subversiva desmitificación que Jean Claude Van Damme fai de sí mesmo na esperada
JCVD e a galega
A noite que deixou de chover. Nos próximos días coñeceranse os gañadores do premio Cineuropa e a programación completa deste certame que organiza a Concellaría de Cultura de Santiago..
Amplía a nova>>
20/10/2008
Unha película sobre a violencia xuvenil faise coa Gran Calpurnia do Festival de Cine de Ourense
O lema desta edición era
Celebrando a diversidade e precisamente isto foi o que fixeron os diferentes xurados do Festival de Cine Independente de Ourense (OUFF) cos seus premios. Moito cine europeo e moito cine social no palmarés. A Gran Calpurnia (18.000 euros) foi para a longametraxe alemá
Weltstadt, que relata a agresión real a un indixente. Non coincidiu o público co xurado, que se decantou por unha película máis optimista, como
O brinde do chileno Shai Agosí. Ademais, e fóra de toda previsión, o xurado quixo outorgar unha mención especial a
Pradolongo “polos valores de galeguidade e a imaxe que transmite de nós por todo o mundo” dixo Enrique Nicanor, o director do encontro..
Amplía a nova>>
17/10/2008
Unha produtora vende participacións da súa película na rede
Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Blanco, Luis Tosar, Celso Bugallo e José Manuel Olveira “Pico” prestarán a súa voz e a súa imaxe aos protagonistas do
Apóstolo, a primeira longametraxe de plastilina feita coa técnica stop-motion en España. Un traballo da produtora Artefacto que ten ademais outra peculiaridade, que vende participacións da súa película na rede. A partir de trinta euros calquera pode converterse en coprodutor do filme que supón outras cousas, recuperar os cartos en función dos ingresos, ter información privilexiada e acceso ao rodaxe, aparición dos títulos de crédito da película e asistencia á estrea da película.
O Apóstolo ten un orzamento de dous millóns de euros e conta unha historia de terror ambientada no Camiño de Santiago..
Amplía a nova>>
17/10/2008
Realizadores galegos e cubanos presentan o proxecto audiovisual Ópticas Cruzadas
Estreáronse no marco da anterior Feira do Libro da Habana, na que Galicia foi país convidado, pero onte chegaron ao Festival de Cine de Ourense (Ouff). Falamos dos traballos que conforman
Ópticas Cruzadas para por en contacto a autores galegos e cubanos. Son
Catro Cartas,
Cienfuegos 1913,
A solución é o socialismo e
O almorzo do poeta que se ven por primeira vez en Galicia desde a súa estra en Cuba. E mentres se desenvolvían as presentacións, profesionais e estudantes asistían as clases sobre desenvolvemento europeo de Guión que imparten profesionais do EAVE no Ouff..
Amplía a nova>>
17/10/2008
Arrinca a edición máis social de Curtocircuito
Ficción, animación e documental pero todo en formato curto. Comeza en Santiago o festival de promoción da curtametraxe máis destacado de Galicia, Curtocircuito. Faino cunha programación deseñada para dar achegar este xénero a diferentes tipos de público. O exemplo máis notorio é o ciclo
Grandes Curtas co que se abriu hoxe o certame e que permite que maiores de sesenta anos de toda Galicia vexan curtas pensadas especificamente para eles. Pola tarde comezan as proxeccións dos primeiros traballos as sección competitivas
Internacional e
Galicia. Por diante quedan sete días nos que se proxectarán 259 curtas procedentes de 38 países, ademais de exposicións, concertos, obradoiros de formación e o III Mercado Internacional, entre outras actividades..
Amplía a nova>>
16/10/2008
Expertos do EAVE achegarán a súa experiencia a produtores e realizadores galegos
EAVE é unha sociedade de profesionais do audiovisual europeo que desenvolve un dos máis prestixiosos programas de formación, ademais de ter unha rede de traballo para facer longametraxes, documentais e animacións. Non é habitual que fagan programas de formación no marco dun festival cinematográfico, de aí a importancia que teñen as tres Masterclass que impartirán desde hoxe no marco do Festival de Ourense (OUFF). Roshanak Behest e o produtor belga Sebastian Delloye explicarán a 86 produtores e realizadores galegos e portugueses como elaborar un guión. Ademais, a responsable do EAVE, Kristina Trapp, aproveitou a presenza no OUFF para anunciar que desenvolverán un programa piloto en Bos Aires o vindeiro ano, sendo así a primeira vez que traballan fóra de Europa. .
Amplía a nova>>
15/10/2008
Especialistas de diferentes países defenden a importancia da lingua no audiovisual
O 2008 marcará un fito na historia recente do audiovisual galego ao conseguir que oito longametraxes teñan como lingua orixinal o galego. Non é un feito baladí, xa que o uso do galego na cinematografía segue a ser un hándicap. Pero non é un problema exclusivo de Galicia por iso, a Academia Galega do Audiovisual, organizou onte no marco do Festival Cine de Ourense un foro de debater para coñecer as experiencias doutras cinematografías cunha realidade idiomática semellante. .
Amplía a nova>>
15/10/2008
O Festival de Cine de Ourense abre a programación a varios colectivos de inmigrantes
Ourense conta con 4.000 inmigrantes censados na cidade. A maioía deles chegados de Portugal, Marrocos ou Sudamérica, pero existen moitas outras nacionalidades. Por iso, non é de extrañar que nun festival que leva como subtítulo “Galicia celebrando a diversidade” se dedicara unha serie de actividades destinadas a eses colectivos. Isto foi o que fixo onte o director do certame, Enrique Nicanor, xunto coa concelleira de Cultura, Isabel Pérez, cando convidaron a representantes de diferentes colectivos a contar a súa experiencia sobre como se estaban a integrar en Ourense, ademais de repartir 250 convites para que puideran asistir ás proxeccións dos trece ciclos fóra de concurso do festival..
Amplía a nova>>
13/10/2008
O audiovisual galego recente está presente na 13 edición do Festival de Cine de Ourense
O Festival de Cine de Ourense arrincou este sábado na cidade das Burgas cun documental galego,
Eloxio da distancia. Unha aposta que evidenciaba cara onde vai esta edición: potenciar o audiovisual galego e apostar por contidos identitarios. Baixo o lema de “Celebrar a diversidade” o festival, que duplica o seu orzamento (600.000 euros) nesta ocasión achegará diariamente películas de Canadá, Dinamarca, Rumanía... referentes fílmicos doutras cinematografías. Canda isto, e en colaboración coa Axencia Audiovisual Galega, poderá verse o máis recente da produción audiovisual galega. A sección chámase
Panorama de Galicia e engloba a 270 cintas de todos os xéneros e formatos que se produciron en Galicia no 2007. .
Amplía a nova>>
13/10/2008
Curtocircuíto incrementa a súa semana oficial para ofrecer máis actividades e máis curtametraxes
O seu programa de actividades exténdese a todo ano pero o prato forte de Curtocircuíto comeza este venres. Será entón cando se poña en marcha a Semana Oficial deste festival sobre o mundo da curtametraxe que este ano presenta importantes novidades: medra de catro a sete días, incrementa a contía dos seus premios e multiplica as súas actividades paralelas. Todo isto para converterse nunha referencia no mundo da curtametraxe..
Amplía a nova>>