Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Blanco, Luis Tosar, Celso Bugallo e José Manuel Olveira “Pico” prestarán a súa voz e a súa imaxe aos protagonistas do Apóstolo, a primeira longametraxe de plastilina feita coa técnica stop-motion en España. Un traballo da produtora Artefacto que ten ademais outra peculiaridade, que vende participacións da súa pelÃcula na rede. A partir de trinta euros calquera pode converterse en coprodutor do filme que supón outras cousas, recuperar os cartos en función dos ingresos, ter información privilexiada e acceso ao rodaxe, aparición dos tÃtulos de crédito da pelÃcula e asistencia á estrea da pelÃcula. O Apóstolo ten un orzamento de dous millóns de euros e conta unha historia de terror ambientada no Camiño de Santiago.