O Apóstolo chegará as salas o vindeiro 31 de outubro

O filme conta coa participación de figuras como Geraldine Chaplin, Paul Naschy ou Luís Tosar

6/9/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Un preso é recluído por uns seres estraños nunha vila do Camiño de Santiago logo de fugarse da cadea. Suspense e humor combínanse en O apóstolo unha das primeiras películas de animación stop-motion de Europa desenvolvida mediante producción estereoscópica. Logo do seu pase por festivais (Málaga, Annency, Mundos Dixitais e na edición deste ano do Festival de Sitges) chega agora a carteleiras. A estrea en salas comercias será o vindeiro 31 de outubro .

O filme, en produción desde o ano 2007, conta cunha ampla e popular nómina de colaboradores como Geraldine Chaplin, Paul Naschy ou Luís Tosar, que prestarán a súa voz e a súa imaxe aos protagonistas do Apóstolo, O orzamento deste filme, duns dous millóns de euros, seguiu os circuitos habituais (subvencións, venda de dereitos…) pero tamén vendeu participacións do filme na rede. A partir de trinta euros calquera puido converterse en coprodutor do filme que implicaba outras cousas, recuperar os cartos en función dos ingresos, ter información privilexiada e acceso ao rodaxe, aparición dos títulos de crédito da película e asistencia á estrea da película. O filma sairá con aproximadamente setenta copias en todo o estado, sen que aínda se teña decidido cantas haberá dispoñibles en galego.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo, Luís Tosar, Humor, Camiño de Santiago...