Unha produtora vende participacións da súa película na rede

A estrea do filme terá lugar o 25 de xullo de 2010

17/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Geraldine Chaplin, Jorge Sanz, Paul Naschy, Carlos Blanco, Luis Tosar, Celso Bugallo e José Manuel Olveira “Pico” prestarán a súa voz e a súa imaxe aos protagonistas do Apóstolo, a primeira longametraxe de plastilina feita coa técnica stop-motion en España. Un traballo da produtora Artefacto que ten ademais outra peculiaridade, que vende participacións da súa película na rede. A partir de trinta euros calquera pode converterse en coprodutor do filme que supón outras cousas, recuperar os cartos en función dos ingresos, ter información privilexiada e acceso ao rodaxe, aparición dos títulos de crédito da película e asistencia á estrea da película. O Apóstolo ten un orzamento de dous millóns de euros e conta unha historia de terror ambientada no Camiño de Santiago.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo, Manuel Olveira, Carlos Blanco, Camiño de Santiago