O filme O Apóstolo pódese ver íntegro na rede

O director Fernando Cortizo sube a Youtube este filme de animación fantástica

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de O apóstolo

Fotograma de O apóstolo

O filme O apóstolo tivo un longo percorrido no mundo dos festivais de cine. Seis premios nos Mestre Mateo 2013, entre eles o de mellor película, Mellor película no AnimaMundi 2014, Premio Especial do Xurado no Fantasporto 2012 ou nominada aos premios Goya en mellor filme de animación. Agora, case dez anos despois, o seu director, Fernando Cortizo, subiu á rede o filme íntegro para a súa visualización en Youtube. Cortizo alenta os espectadores a realizar doazóns "para axudar a pagar as débedas do custe da súa realización, que non recuperou o custe de produción debido á estafa das distribuidoras". Segundo Cortizo, O Apóstolo foi a primeira longametraxe en stop-motion estereoscópico de Europa. Narra unha historia propia destes días. Un convicto fugado volve a unha afastada aldea a tentar recuperar un tesouro agachado anos atrás. Pero alí atoparase almas en pena, estraños anciáns e mesmo o "arcipreste de Compostela".

Mira o filme:

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo, Fernando Cortizo, Animación, Cine...