O Apóstolo impúxose nos Mestre Mateo

O Premio de Honra Fernando Rey foi para o Xabarín Club

8/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual

Mellor longametraxe, dirección, dirección de arte, dirección de produción e música orixinal e son. O filme de animación O Apóstolo impúxose nos XI Premios Mestre Mateo, que se entregaron na noite do pasado sábado no Pazo da Ópera da Coruña. En total, a película de Fernando Cortizo fíxose con seis dos dez galardóns aos que optaba. Fronte a ela, Invasor que chegaba á gala como a outra grande favorita, con 11 candidaturas, só ficou co premio á mellor montaxe. O Xabarín Club foi recoñecido pola Academia co Premio de Honra Fernando Rey.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Para alén da gañadora, en xeral o resto dos premios repartíronse moito. Así, Vilamor, de Ignacio Vilar, obtivo o galardón á interpretación feminina protagonista, para Sabela Arán, e á dirección de fotografía.

Tamén obtivo dous galardóns, a mellor Interpretación feminina de reparto para Mabel Ribera e mais o mellor vestiario Concepción Arenal, a visitadora de cárceres.


Ficha de Concepción Arenal, a visitadora de cárceres.

Luís Tosar ergueuse como mellor intérprete masculino protagonista polo seu traballo en Operación E

A interpretación de Luís Zahera en Todo é silencio valeulle facerse co premio ao mellor interpretación masculina de reparto.

A mellor maquillaxe e perruquería foi para o traballo de Lobos de Arga

No campo televisivo, foi considerada como mellor serie Era Visto! de Producións Zopilote, mentres o mellor programa foi considerado Zigzag e a mllor comunidadora Fernanda Tabarés, do programa Vía V. En series web impúxose Angélica y Roberta (Vol. II), o mellor anuncio publicitario do ano foi Sairemos como galegos! De Congo Producciones, e o videoclup Un Piato de Banda Crebinsky, realizado por Control Z.

100% CEF levou o galardón ao mellor documental, Conversa cunha muller morta de Sonia Méndez foi a mellor curtametraxe, e na categoría de curtas de animación impúxose O Xigante. O premio da realización foi para Mónica Ares e Toño López, por Galegos no mundo.

A gala desenvolveuse con ambientación zombie, un cambio de presentador, numerosos sketches e un alegato de Antonio Mourelos, presiente da Academia, a reivindicar un maior apoio ao audiovisual, na liña das políticas europeas, e reclamando unha diminución do IVE que se aplica aos produtos culturais.

Que che pareceu?
0 reaccións
Difunde a cultura galega:
Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito