27/10/2008
O filme Cosmonaut Plyakov gaña a I Mostra Internacional de Ciencia e Cinema
Naceu co cobxectivo de conseguir unha maior divulgación da ciencia con filmes documentais nunha cidade con tradición de divulgación científica como é a Coruña (grazas aos Museos Científicos Coruñeses). A I mostra de Ciencia e Cinema rematou esta fin de semana concedendo os seus premios.
Cosmonaut Plyakov levou o primeiro premio, mentres que o segundo compartido polas películas
Brilliant Noise dos británicos Jarman e Gerhardt e
Mapping Stem Cells Research: Terra incógnita.
2050: how soon is now? foi o documental galego gañador deste encontro no que se repartiron 13.000 euros en premios..
Amplía a nova>>
27/10/2008
Don Señor e o Home do Soño faise co premio á mellor curta galega de Curtocircuíto
Coa entrega de premios, esta fin de semana púxose fin á edición de 2008 de Curtocircuíto, o programa de promoción da curtametraxe de Santiago. Ademais do premio para a produción galega, o palmarés conta cos nomes doutros traballos. Nos premios internacionais nas diferentes categorías, o de ficción recaeu en
Smáfuglar de Rúnar Rúnarsson, documental en
Was Uebrig Bleibt, e o de animación foi compartido entre
John and Karen e
Skhizen. O recoñecemento do público foi para
Rolla Saor do irlandés Cattel Waters e o Premio Explora para o canadiense Josh Raskin coa curtametraxe
I met the Walrus. O premio ao mellor traballo feito en españa foi para
Alumbramiento de Eduardo Chapero-Jackson. Ademais, a RTP anunciou tamén a compra de dereitos de cinco traballos para ser emitidos no seu programa de televisión
Onda curta. En total, este ano repartíronse 56.600 euros en premios. .
Amplía a nova>>
27/10/2008
Máquinas e almas
A última edición de ArtFutura, o Festival de Cultura e Creatividade de referencia dos novos medios, os videoxogos e a interacción dixital en España xa está aquí. O certame contará coas proxeccións audiovisuais por varias cidades de todo o Estado entre as que se atopa Vigo. Vídeos 3D, videoxogos e unha retrospectiva de Satoshi Tamiok, recoñecido autor xaponés de animación dixital son algúns dos traballos que se poderán ver que os xoves, venres e sábados ata o 16 de novembro. Hoxe, mergullámonos na rede para ver algúns dos traballos mellores traballos de 3D que se poden ver no MARCO..
Amplía a nova>>
24/10/2008
A noite que cheixou de chover e Os mortos van ás présas participan na Seminci
A Semana Internacional de Cine de Valladolid, a Seminci, abre hoxe as portas da súa nova etapa. Estréase como director o periodista e crítico cinematográfico, Javier Angulo, que lle pretende imprimir un novo aire a este certame que xa ten 53 edicións. E nunha das novidades deste ano está a sección “Punto de encontro”, paralela á oficial que tamén é competitiva inclúe longametraxes e curtametraxes. Neste apartado compiten as películas galegas
A noite que cheixou de chover de Alfonzo Zarauza e
Os mortos van ás présas de Ángel de la Cruz. Canda esto, a presenza galega complétase con Isabel Blanco acudirá para presentar
O vestido, a produción arxentina na que participa. .
Amplía a nova>>
24/10/2008
Preséntase a primeira longametraxe arqueolóxica do país
O Neixón: historia viva dun castro é o título da primeira longametraxe de temática arqueolóxica que se produce no país, e documenta o proceso de excavación e investigación dos depósitos arqueolóxicos dos castros de Neixón (Cespón, Boiro), así como a relación dos habitantes da parroquia con este importante recinto arqueolóxico. O documental preséntanse ao público xeral hoxe ás 20:00 h. no Salón de Actos do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Hospital de San Roque) en Compostela, e pola mañá xa foi amosado aos medios. .
Amplía a nova>>
24/10/2008
O panorama expositivo do Festival Amal comeza o sábado en Santiago
Aínda que o Festival de Cine Euroárabe comezou oficialmente hai unha semana cunha exposición e unha semana gastronómica, non é ata este sábado cando comezan as proxeccións cinematográficas. Será entón cando se poidan ver filmes que pretenden achegar un maior coñecemento sobre a realidade árabe. A organización deseñou un festival que repite esquema diariamente (curtametraxes ás 18:30, documentais ás 19:30, longametraxes ás 22:00 e a sesión golfa ás 00:30 horas). O venres 31 terá lugar a gala de clausura na que se repartirán 16.400 euros en premios (o do público, mellor longametraxe de ficción, mellor documental, mellor curta de ficción e mellor curta documental) e dous trofeos na categoría de mellor actriz e actor. .
Amplía a nova>>
23/10/2008
O asesor do primeiro ministro de Portugal abre unhas xornadas para analizar a industria da comunicación
A relación entre os medios de comunicación e o poder, o negocio da información ou os retos da comunicación nas organizacións son algúns dos temas que abordarán as xornadas
O futuro da industria da comunicación que comezan hoxe en Santiago. Organizadas polo Clube Internacional de Prensa, o encontro traerá á cidade figuras do mundo da empresa, do eido académico e investigador, e mais da política como Sandra Fuentes, Eduardo Madinaveitia, Jesús Timoteo Álvarez, ou Paulo Nassar. João de Almeida Santos, asesor político do Primeiro Ministro en Portugal, e Salim Lamrani, xornalista, escritor e experto nas relacións entre Cuba e Estados Unidos serán os encargados de abrir este encontro que se desenvolve todos os xoves ata o mes de decembro..
Amplía a nova>>
21/10/2008
Unha mostra achégase á etnografía a través do cinema
Xaquín Lorenzo e Antonio Román foron os pioneiros facer cine desde un punto de vista etnográfico en Galicia. De feito, a súa película “O carro e o home” foi a que abriu este subxénero. Atendendo a esa característica o Museo do Pobo Galego acaba de presentar a III Mostra de Cine Etnográfico que se desenvolverá do 31 de outubro ao 6 de novembro. A xornada conta con varias seccións: “Espiello”, na que se proxectan as cintas gañadoras na última edición do Festival de Cine Documental Etnográfico da Comarca de Sobrarbe (Huesca), e a “Carlos Velo”, onde o Museo prima a presenza de realizadores e realizadoras galegas. .
Amplía a nova>>
20/10/2008
Comeza o mercado da curtametraxe de Santiago con máis de dous mil traballos
O programa oficial de Curtocircuíto chega ao seu ecuador. E mentres os espectadores asisten ao Teatro Principal para votar as curtas nas sección Galicia, Internacional e España, os profesionais deste xénero teñen outra cita na Fundación Caixa Galicia e no Colexio de Arquitectos. Falamos do III Mercado Internacional da Curtametraxe que conta coa presenza de 129 membros relacionados co mundo das curtas procedentes de 15 países. Profesionais que poderán acceder ao catálogo de Curtocircuíto que está composto por 2.648 curtametraxes de 93 países..
Amplía a nova>>
20/10/2008
As produtoras galegas volven den Cannes con preacordos internacionais de emisión e distribución
Os contactos e os preacordos de negocio conseguidos ao longo dos cinco días de duración do MIPCOM fixo que as produtoras galegas asistentes ao encontro volvan satisfeitas. As dezaseis firmas do Clúster que asistiron baixo o paraugas ICEX-FAPAE e co apoio do Consorcio Audiovisual de Galicia, destacaron a dinámica de colaboración que xera a asistencia a este tipo de mercados por unha dobre dirección: cooperación entre as propias empresas asociadas e, da outra, porque serve de plataforma para favorecer a internacionalización das compañías..
Amplía a nova>>