Novas | 2881 a 2890 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

03/11/2008
As imprescindibles

Cineuropa arranca hoxe coa estrea de A noite que deixou de chover , unha película rodada en Santiago, ópera prima dun director compostelano e con Luis Tosar no elenco. Un aceno á produción galega nun festival que proxectará 250 títulos entre curtametraxes e longametraxes do mellor panorama cinematográfico internacional. Revisamos o programa co director de Cineuropa, José Luis Losa, para escoller as películas imprescindibles nesta edición número 22.. Amplía a nova>>

03/11/2008
A Xunta negocia con Fomento levar a TDT ao rural galego vía satélite

A peculiar dispersión xeográfica galega así como a súa complicada orografía dificulta que cando se produza o apagón analóxico (2010) o rural galego conte coa cobertura axeitada de Televisión Dixital Terrestre. Ademáis do Plan Piloto da Fonsagrada, para testar o caso extremo de dificultades na implantación do novo modelo, a Xunta está a barallar outras alternativas que garantan unha óptima cobertura nas zonas do rural. Para iso, está a negociar co Goberno estatal contar cun satélite para que chegue a algunha zonas da Costa da Morte, A mariña ou a varias comarcas ourensás. En total, unhas 20.000 persoas poderán acceder á TDT por esta vía, co que se contará cunha cobertura do 98% para o 2010. . Amplía a nova>>

03/11/2008
O mellor do cine independente do panorama internacional estará en Cineuropa. Santiago ata o 3 de decembro

É a gran cita cinematográfica do ano. Durante un mes exhibiranse máis de duascentas películas de cine de autor, independente e alonxado dos criterios comerciais que de non ser por este festival xamais se verían en Galicia. Coa proxección dun filme rodado integramente en Santiago e ópera prima do compostelano Alfonso Zarauza, A noite que deixou de chover, comeza mañá Cineuropa. Falamos co seu director, José Luis Losa, para coñecer as novidades dun festival que cumpre xa XXII edicións. . Amplía a nova>>

03/11/2008
O Festival Amal galardoa a historia nostálxica de Waiting for Pasolini

Un equipo de italianos desprázase ata Ouarzazate (Marocos) para rodar un filme sobre a Biblia. Alí se atopan con Thami, un reparador de televisións, que comeza a preguntarlles sobre Pasolini, ao que coñecera hai corenta anos na rodaxe doutra película. Aínda que lle comunican que hai tempo que finou o director, para Thami Pasolini segue vivo. Este é o argumento de Waiting for Pasolini a película premiada nesta edición de Amal na categoría de longametraxes de ficción. Un filme que comparte palmarés con La maison Jaune, premio da TVG; La caravana del manuscrito andalusí premio do público ou Alain Gomiez, que foi recoñecido como mellor director por Andalucía.. Amplía a nova>>

31/10/2008
O Festival Amal conclúe hoxe pedindo unha maior proximidade co mundo árabe

Música, gastronomía e, sobre todo, moitos filmes. Son as claves do Festival Amal que conclúe hoxe en Compostela coa entrega de premios no Teatro Principal. Á falta das cifras oficiais, a organización informa que se aprezou un incremento de público nesta edición que chegou a completar aforo nas proxeccións de documentais e longametraxes. Ademais, os actores e directores presentes estes días en Santiago reclamaron nas súas intervencións un maior achegamento ao mundo árabe. . Amplía a nova>>

31/10/2008
Cineuropa crea a sección Panorama Galiza na que exhibirá filmes galegos

O Festival de Cine de Santiago bota a andar o vindeiro luns coa proxección da produción galega A noite que deixou de chover, que contará coa presenza de Luís Tosar. Un feito que indica unha das principais novidades de Cineuropa para este ano, a creación da sección Panorama Galiza para dar cabida ás producións feitas no país. Flores Tristes (Manuel Abad, 2008) Manuel e Elisa (o trinta) (Manuel Fernández Valdés, 2007), o documental Eloxio da distancia (Felipe Vega, 2008) e a longametraxe Cartas Italianas (Mario Iglesias, 2007) son os títulos que compoñen esta nova sección.. Amplía a nova>>

29/10/2008
Preséntase na Coruña unha nova edición do curso de comercialización internacional de contidos

Un dos hándicaps do sector audiovisual galego pasa pola comercialización exterior dos traballos audiovisuais. E nesa dirección pretende actuar o curso de Posgrao de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA) que organizan a Universidade da Coruña e o Consorcio Audiovisual de Galicia. Técnicas de comercio exterior, coñecemento do mercado cinematográfico e televisivo americano, europeo e asiático, así como estratexias de mercadotecnia internacional compoñen o programa deste curso do que se acaba de presentar na Coruña a súa terceira edición.. Amplía a nova>>

29/10/2008
Un ciclo do CGAC reflexiona sobre o poder das imaxes

O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle un ciclo de cine no que recupera os traballos da Artists Films and Video Association. Unha entidade que xurde co obxectivo de converterse nunha plataforma de debate (para o que facilitan documentos, filmes e material) e distribuición de películas. Hoxe desenvólvese a segunda sesión dun ciclo no que se pretende reflexionar sobre o poder, pero non só o poder das imaxes, senón tamén das estruturas familiares, da economía e da política. . Amplía a nova>>

29/10/2008
Touriño entrega na Coruña os premios á canteira do audiovisual galego

Curtas na Rede ten a particularidade de que se trata dun certame que potencia a creación audiovisual non profesional. De aí que os traballos presentados gocen de varias particularidades: feito por xente descoñecida, de formatos innovadores e elaboradas con poucos medios. A gala de entrega dos traballos premiados tivo lugar na Coruña e contou coa presenza de Emilio Pérez Touriño. O presidente da Xunta asegurou que iniciativas como esta evidencian que “o audiovisual galego ten canteira”. Os principais premios foron para Xabier Marqués e Suda Sánchez fanse que gañaron a mellor curtametraxe feita en galego e en castelán, respectivamente.. Amplía a nova>>

29/10/2008
A Coruña celebrará do Día Contra a Violencia de Xénero cun festival

O vindeiro 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Unha celebración que o concello da Coruña quere festexar cun programa de actos que quere servir de homenaxe á creación feminina. O Festival Arte+Parte achegará durante un día enteiro mostras de diferentes manifestacións artísticas como a proxección de Liste, pronunciado Líster de Margarita Ledo ou a representación de Casa de Bonecas de Ibsen. Pero o prato forte do acontecemento é a música, que contará coa presenza de Emma pollok, ex vocalistada banda pop The Delgados, Fosiean, Nadadora, Suvenir ou Lucky Soul).. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org