Novas | 2871 a 2880 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

11/11/2008
A terceira dimensión da curta

O MARCO acolle ata este fin de semana as proxeccións de Art Futura, o festival multimedia máis destacado do Estado. Mergullámonos na rede para ver os vídeos do certame que premia os mellores traballos de animación 3D e efectos especiais producidos no 2008 por compañías, estudantes e artistas independentes. Entre a selección destaca A revolta dos mouses, o traballo que fai parte de Curtas08, o catálogo deste ano do Consorcio Audiovisual.. Amplía a nova>>

11/11/2008
O festival de Vilagarcía estrea en España Made in L.A o documental gañador dun Emmy

O vindeiro xoves comeza a 36 edición do Festival Internacional Liceo Casino, o certame máis antigo dos que se realizan en Galicia. Unha cita que este ano contará con 25 traballos na súa sección oficial que optarán a cinco premios (créase a categoría para novos realizadores). Ademais, dentro das proxeccións paralelas destaca Made in L.A., o documental gañador dun Emmy que se proxecta por primeira vez en España e que conta a loita de tres inmigrantes latinas (María, Maura e Lupe) por conseguir parar cos abusos aos que son sometidas como costureiras dos talleres dunha famosa tenda de roupa en Los Ángeles.. Amplía a nova>>

10/11/2008
A Xunta transfire un millóns de euros á CRTVG para financiar producións audiovisuais

A semana pasada Benigno Sánchez, director da CRTVG, acudía ao Parlamento para explicar o orzamento desta entidade para o 2008. Entre as particularidades destaca un incremento da partida destinada a compras de produtos audiovisuais para poder cumprir a lexislación (que lle obriga a investir un 5% dos seus ingresos en producións independentes). Agora ben, a Secretaría Xeral de Comunicación acaba de facer pública a transferencia dun millón de euros que lle permitirá cumprir con eses obxectivos. A Televisión de Galicia disporá desa cantidade para financiar 5 producións cinematográficas, 3 películas para televisión e 5 documentais que decida.. Amplía a nova>>

10/11/2008
Formatos para a cultura

“Queremos analizar o presente o pasado e o futuro do noso audiovisual”. Deste xeito, Miguel Anxo Fernández, sintetiza as claves da mesa redonda “Audiovisual Galego. Novas linguaxes para a cultura” que hoxe lle toca moderar. Unha actividade na que participarán esta tarde (Centro Social Caixanova, Vigo, 18:30 horas) Margarita Ledo, Antón Reixa, Manolo Gómez e Pepe Coira e que se integra dentro das actividades paralelas para celebrar os vinte e cinco anos do Consello da Cultura Galega. . Amplía a nova>>

07/11/2008
O sector audiovisual reúnese para presentar I+dea, a súa plataforma tecnolóxica

Dunha banda os fornecedores de contidos e da outra os creadores de soporte para transmitir esa información. A conxunción da tecnoloxía e dos contidos acaba de callar en I+dea, a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega. Un foro aberto para o sector que, malia que se presenta hoxe, leva meses traballando en cinco liñas clave para a industria (formatos e contidos audiovisuais interactivos, animación e xogos, sistemas avanzados para a produción e xestión audiovisual, alta definición e V-Learning). As 77 empresas que integran esta plataforma deron a coñecer hoxe a súa Axenda Estratéxica de Investigación, o documento coas liñas de traballo para o futuro do sector. . Amplía a nova>>

06/11/2008
A TVG inicia hoxe unha serie de galas para escoller a maior marabilla de Galicia

A Televisión de Galicia busca desde esta noite a maior marabilla do país no seu programa A terra dos prodixios. En catro galas especiais, o público poderá votar entre doce monumentos que foron escollidos durante o mes de outubro a través de votacións na rede. Nas tres primeiras galas presentarase unha marabilla por cada provincia e, a través da votación popular, escolleranse tres finalistas. A estas unirase unha cuarta finalista que será repescada entre as non clasificadas. De aí sairá a maior marabilla de Galicia.. Amplía a nova>>

06/11/2008
Douscentos establecementos venderán en DVD series e películas emitidas pola TVG

¿Queres mercar o mellor dos Tonechos no Luar? ¿Ou Os vixilantes do camiño, a longametraxe do Xabarín? Agora, grazas a un acordo entre a Televisión de Galicia e Política Lingüística (que investiu cartos na dobraxe ao galego dalgúns dos produtos) podes facelo tanto na rede (a través do web da CRTVG) como en preto de duascentas tendas de toda Galicia. Os oito títulos que entran neste convenio xa están dispoñibles en formato DVD en prezo que van desde os 9.95 ata o 29.95 euros. . Amplía a nova>>

05/11/2008
Máis de cen títulos compoñen a cara galega desta edición de Cineuropa

“Cineuropa non podía desatender o que se está a facer en Galicia” aseguraba Jose Luís Losa, director do festival a Culturagalega.org hai uns días. Por iso, o certame incorpora este ano a sección Panorama Galiza que inclúe preto dun centenar de traballos feitos no país nos últimos dous anos. A primeira mostra desta sección tivo lugar na gala inaugural, cando se proxectou a A noite que deixou de Chover (Alfonso Vilas Zarauza, 2007), na que Luís Tosar destacou o carácter onírico de Compostela, cidade na que se rodou a película. Ademais, destaca a estrea de Flores Tristes (Manuel Abad, 2008) e Manuel e Elisa (o trinta) (Manuel Fernández Valdés, 2007), no marco deste ciclo que proxectará curtametraxes, longametraxe e documentais.. Amplía a nova>>

04/11/2008
A Academia de Cine dedica un ciclo á Juan Pinzás no seu programa de actividades

A lenda da doncela, Érase outra vez, Días de voda e O desenlace son filmes dirixidos por Juan Pinzás (Vigo, 1955) que fan parte do chamado movimento Dogma acuñado por Lars Von Trier. E tamén son os filmes que fan parte do ciclo que a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España lle dedica ao movimento Dogma 95 no mes de novembro, en colaboración coa 18 Semana de Cine Experimental de Madrid. As proxeccións rematan o vindeiro día 21 co coloquio co director Juan Pinzás, coa súa muller e produtora dos filmes, Pilar Sueiro e a actriz Beatriz Rico. . Amplía a nova>>

04/11/2008
A TVG destinará 42.4 millóns de euros a compras para exercer de motor do audiovisual

Os orzamentos da CRTVG para o vindeiro ano pretenden responder ao sector audiovisual, que acusaba ao ente público de non cumprir a lexislación no que afectaba á porcentaxe que de compras de produtos audiovisuais. Para o 2008, tal e como explicou no Parlamento o director xeral, Benigno Sánchez, a CRTVG destinará 42.4 millóns de euros a este afecto. Tres millóns máis que no 2008 cos que a TVG participará, xunto ás empresas galegas na coprodución de cine, películas para televisión e documentais. O orzamento do ente público medra un 3,4% (146.9 millóns en total), que se destinará ao saneamento económico e laboal, a renvoación das grellas da Radio Galega e a Televisión de Galicia (que aposta pola produción propia no que atende a cinema e series americanas) e completar o proceso de dixitalización das instalacións.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org