20/11/2008
Pablo Iglesias presenta a súa longametraxe Pedro e o capitán
Rodada en galego, en formato dixital e con só dous actores, Pablo Iglesias estreáse na dirección con
Pedro e o capitán. A longametraxe estréase hoxe no Auditorio da Aula SocioCultural da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, ás 20:30 horas. Está baseada na obra homónima de Mario Benedetti e narra o diálogo imposible dun militar torturador e un preso político torturado nunha sala de interrogatorios. É a historia dun conflito que vai máis alá do meramente ideolóxico..
Amplía a nova>>
20/11/2008
Recreacións e testemuños mestúranse en Flores Tristes, o documental sobre a represión en Galicia
Os foxos das estradas son lugares nos que acostuman a nacer unha gran variedade de flores. Pero tamén son os espazos nos que foron fusilados, asasinados e paseados moitos galegos durante a posguerra. Por iso, Teo Manuel Abad púxolle por título
Flores tristes ao documental que fixo sobre a represión en Galicia. Unha historia que mestura testemuños de víctimas represaliadas con recreacións dalgúns dos episodios mais dramáticos da historia recente. A película estreáse o venres 21 (Teatro Principal, 21:45 horas), no marco de Cineuropa, o festival de cine independente e social do Concello de Santiago..
Amplía a nova>>
19/11/2008
A Coruña e Vigo estrean este venres o último filme de Manane Rodríguez
Os retos, as dificultades e as peculiaridades da adopción de Olivia, unha nena latinoamericana de 6 anos, é o que recolle a última película de Manane Rodríguez. O filme,
Un conto para Olivia chega ás carteleiras este venres. A produción chegará con dúas copias en galego: unha en Vigo (Cines Norte) e outra na Coruña (Cines Filmax)..
Amplía a nova>>
19/11/2008
Arteria Noroeste crea un ciclo para que os directores expliquen os seus filmes
Cine por dentro. Diseccionando filmes é o novo programa de Arteria Noroeste (a sede da SGAE en Santiago) co que pretende que os directores, músicos ou os actores expliquen os pormenores da creación audiovisual. Jose Luis Cuerda foi o encargado de abrir o programa explicando
Os xirasois cegos, o seu último traballo. “É a película coa que máis satisfeito me sinto de todas as que fixen” afirmou o director albaceteño. O ciclo, que se extenderá ao longo do 2009, continuará o vindeiro 9 de decembro coa presenza de Antón Reixa, Luís Tosar e Luís Zahera, que comentarán
O lápis do carpinteiro,
Hotel Tívoli e
Mareas Vivas..
Amplía a nova>>
18/11/2008
Cineuropa premia a Pablo Trapero e recupera a súa cinematografía
Pablo Trapero, unha das grandes figuras do cinema contemporáneo arxentino, recibirá mañá en Santiago o premio Cineuropa pola súa traxectoria. O director e Martina Gusmán, a súa parella ademais de actriz e produtora das súas películas, asistirán á gala de entrega do galardón que será presentada por Camila Bossa. Despois do acto de entrega terá lugar a proxección de
Leonera, o seu último filme e que representará a Arxentina nos Óscars. O festival aproveita o recoñecemento para proxectar a cinematografía completa de Trapero..
Amplía a nova>>
17/11/2008
Peque Varela faise co primeiro premio do Certame Liceo Casino de Vilagarcía
A animación de Peque Varela en
1977 acaba de sumar un premio novo ao seu palmarés, ao ser a gañadora na categoría de Mellor Audiovisual do 36 certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía, dotado con 2.000 euros. O segundo premio foi compartido “ex aequo” por
Taxi? e
Nena!. Completa o palmarés
O emprego (mellor curta de animación),
O hospital (categoría de novos realizadores),
Os señores do vento (mellor traballo rodado en galego),
Automóbil (Premio Liceo Casino á mellor curta dun realizador do Salnés) e o premio especial do xurado,
O pintor de ceos de Jorge Morais. En total esta edición do certame repartiu case 10.000 euros en premios..
Amplía a nova>>
17/11/2008
Cineuropa chega ao ecuador entregando o premio a Jaime Rosales
Tiro na testa, a última película de Jaime Rosales, goza de boa crítica e grandes dificultades para a súa exhibición. Chegou a 16 salas comerciais e estreouse no portal de internet Filmin. Esta fin de semana proxectouse (nun único pase) no marco de Cineuropa, como colofón a unha gala á que asistiu o realizador catalán. Rosales, xunto con Pablo Portero, son os premiados desta edición do festival santiagués.
Tiro na testa reconstrúe, sen diálogos, a vida cotiá dun membro de ETA que remata co asasinato de dous gardas civís vestidos de paisano nun encontro fortuíto nunha cafetaría. .
Amplía a nova>>
17/11/2008
Pendurados de carballos cos Crebinsky
Rematou a rodaxe de
Os Crebinsky, a primeira longametraxe do realizador Enrique Otero, a partir dunha curtametraxe anterior do ano 2002.
Os Crebinsky está protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta e a súa rodaxe localizouse en diferentes zonas de Galicia. Estivemos presentes na filmación das últimas escenas en Ortigueira, onde Enrique Otero e Miguel de Lira avánzanos as súas expectativas sobre o filme. Unha reportaxe de Håkan Casares. Cámara: Laura Bacelo..
Amplía a nova>>
12/11/2008
Antón Reixa é reelixido como presidente do Clúster do Audiovisual Galego
Unha maior presenza en mercados internacionais e o cumprimento da Axenda de Innovación para o sector audiovisual son as liñas de traballo máis inmediatas que afronta o Clúster Audiovisual Galego. Así o asegurou Antón Reixa, despois de ser reelexido como presidente da entidade para un segundo mandato. Ademais, a asemblea extraordinaria aprobou a incorporación de TVG, Ficción Producciones e Arantia ao Comité Estratéxico do CLAG. Segundo a nota de prensa remitida pola entidade, “o trienio 2005-2008 caracterizouse por un marcado incremento do asociacionismo e unha cada vez maior internacionalización”..
Amplía a nova>>
12/11/2008
Trinta proxectos reciben axuda á produción da Consellaría de Cultura
A primeira longametraxe de Peque Varela (
Meigallos), Fernando Cortizo(
O apóstolo), Luís Avilés (
Retornos), e David Rubín (
Noite de paz) ou a adaptación cinematográfica da novela homónima
O club da Calceta son algúns dos trinta proxectos subvencionados dentro da convocatoria de produción e coprodución da Consellaría de Cultura. Unha convocatoria na que os proxectos de longametraxes de animación reciben o 41% da contía total, que ascende a 3.100.000 euros repartidos en catro anualidades (desde o 2008 ata o 2011)..
Amplía a nova>>