Os foxos das estradas son lugares nos que acostuman a nacer unha gran variedade de flores. Pero tamén son os espazos nos que foron fusilados, asasinados e paseados moitos galegos durante a posguerra. Por iso, Teo Manuel Abad púxolle por tÃtulo Flores tristes ao documental que fixo sobre a represión en Galicia. Unha historia que mestura testemuños de vÃctimas represaliadas con recreacións dalgúns dos episodios mais dramáticos da historia recente. A pelÃcula estreáse o venres 21 (Teatro Principal, 21:45 horas), no marco de Cineuropa, o festival de cine independente e social do Concello de Santiago.