Cine por dentro. Diseccionando filmes é o novo programa de Arteria Noroeste (a sede da SGAE en Santiago) co que pretende que os directores, músicos ou os actores expliquen os pormenores da creación audiovisual. Jose Luis Cuerda foi o encargado de abrir o programa explicando Os xirasois cegos, o seu último traballo. É a película coa que máis satisfeito me sinto de todas as que fixen afirmou o director albaceteño. O ciclo, que se extenderá ao longo do 2009, continuará o vindeiro 9 de decembro coa presenza de Antón Reixa, Luís Tosar e Luís Zahera, que comentarán O lápis do carpinteiro, Hotel Tívoli e Mareas Vivas.







