Rodada en galego, en formato dixital e con só dous actores, Pablo Iglesias estreáse na dirección con Pedro e o capitán. A longametraxe estréase hoxe no Auditorio da Aula SocioCultural da Fundación Caixa Galicia, en Santiago de Compostela, ás 20:30 horas. Está baseada na obra homónima de Mario Benedetti e narra o diálogo imposible dun militar torturador e un preso polÃtico torturado nunha sala de interrogatorios. É a historia dun conflito que vai máis alá do meramente ideolóxico.