A animación de Peque Varela en 1977 acaba de sumar un premio novo ao seu palmarés, ao ser a gañadora na categorÃa de Mellor Audiovisual do 36 certame Audiovisual Liceo Casino de VilagarcÃa, dotado con 2.000 euros. O segundo premio foi compartido “ex aequo” por Taxi? e Nena!. Completa o palmarés O emprego (mellor curta de animación), O hospital (categorÃa de novos realizadores), Os señores do vento (mellor traballo rodado en galego), Automóbil (Premio Liceo Casino á mellor curta dun realizador do Salnés) e o premio especial do xurado, O pintor de ceos de Jorge Morais. En total esta edición do certame repartiu case 10.000 euros en premios.
O Festival naceu para servir de“plataforma de difusión e promoción de formatos que non por menos convencionais son menos atractivos ou interesantes”, nun momento no que a curtametraxe era practicamente inexistente e reducida a ámbitos marxinais. 36 anos despois, é un xénero consolidado e, en palabras do xurado desta edición “quedou patente a calidade, riqueza e diversidade da producción audiovisual nestes momentos”.