02/12/2008
Dygra e Telefónica asinan un acordo estratéxico para a distribución de contidos
“Estamos nun cambio de ciclo e a clave desta nova era son os contidos dixitais”. Así de contundente estaba Manolo Gómez, director de Dygra Films, na rolda de prensa de presentación do acordo co operador de telecomunicacións de Telefónica. Un convenio que se estende a todo tipo de contidos e soportes e que se irá visibilizando a curto prazo. O primeiro exemplo do acordo é a campaña publicitaria de Telefónica para este Nadal que ten como novidoso o uso de tecnoloxía dixital 3D, na que leva meses traballando Dygra (sistema no que está a facer a vindeira longametraxe
Holy Night) e que se verá en todos os formatos: cines 3D (nas 36 salas que hai en toda España) ata móbiles ou televisión pasando por Internet (xa está colgado en Youtube) ou publicidade exterior. .
Amplía a nova>>
01/12/2008
Ábrese o prazo para os Mestre Mateo, os premios do audiovisual galego
Son os premios máis importantes do audiovisual galego. Os Mestre Mateo comezan a conta atrás coa publicación das Bases a cargo da Academia Galega do Audiovisual. 26 categorías para premiar as mellores longametraxes, películas, series e programas para televisión, documentais, curtametraxes de ficción e animación, obras experimentais, publicitarias e interactivas así como o traballo dos profesionais. O prazo estará aberto ata o 2 de xaneiro e os galardóns entregaranse no transcurso dunha galega no mes de abril. Ademais, haberá premios honoríficos e tanto a designación como denominación destes galardóns especiais estarán fixados polo criterio da Xunta Directiva da Academia..
Amplía a nova>>
28/11/2008
Ribadeo acollerá en xaneiro a estrea de Os mortos van ás présas
Dous anos despois de iniciar a rodaxe dun guión que levaba escrito case unha década, Ángel de la Cruz acaba de anunciar que a súa primeira película de imaxe real,
Os mortos van ás présas, xa ten data de estrea. Será o 17 de xaneiro en Ribadeo, preto onde se rodou o filme. Á falta de concretar os acordos coa distribuidora (Buena Vista Films), o director avanzou que “imos facer unha aposta forte cun número de copias que estarán entre 120 e 130”. Haberá versión galega dun filme que sufríu pequenas modificacións con respecto ao proxecto orixinal, despois dunha primeira rodaxe fallida. O director dá neste audio as claves da película que fai unha pequena homenaxe a Fernando Fernán Gómez, que finou no medio do proxecto. .
Amplía a nova>>
28/11/2008
Exhibicións e obradoiros anegan a aposta audiviosual do Cultur.gal
A vindeira semana comeza na Coruña unha nova edición co Cultur.gal, o salón das industrias culturais, un encontro no que o sector audiovisual aproveitará para achegar as súas últimas producións e ofrecer obradoiros para profesionais e público en xeral. O Clúster Audiovisual Galego acode pensando nos máis pequenos con dous obradoiros. Un dedicado á dobraxe e outro á animación en plastilina permitirán aos máis pequenos coñecer como se dobran películas como
Sin Chan,
O Espírito do Bosque ou
Detective Conan, ademais de saber como se fai unha breve peza animada con plastilina. A Axencia Audiovisual Galega achegará
Panorama Galiza, unha escolma de cen producións audiovisual de todos os xéneros e formatos, rodadas nos dous últimos anos no país. Pola súa banda, Agapi aproveitará a súa presenza para ofrecer un obradoiro no que o público poderá participar no proceso de sonorización dunha película, así como coñecer as actividades da entidade..
Amplía a nova>>
26/11/2008
240 profesionais conforman o novo catálogo da Asociación de Actores e Actrices
Trátase dunha ferramenta que pretende dar a coñecer os actores e as actrices galegas de cara a futuros traballos e acadar unha maior proxección da súa carreira. Vicente Montoto, presidente da Asociación de Actores e de Actrices de Galicia (AAAG) presentou esta mañá o catálogo que conta con versión dixital (no web da entidade) e impresa (un libro-cd cunha tiraxe de 1.000 exemplares) arroupado polos representantes das entidades que o fixeron posible: a Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE. Só integran esta ferramenta os actores que fan parte da AAAG, e contén 240 entradas con información persoal (descrición física, datos de contacto) e material multimedia (fotos e vídeos). .
Amplía a nova>>
25/11/2008
Dez películas que recrean o mundo teatral fan parte do novo ciclo da Fundación Caixa Galicia
Todo sobre Eva de Joseph L. Mankiwicz,
Ser ou non ser de Ernst Lubitsch ou
Que ruina de función de Peter Bodganovich son algúns dos títulos que conforman
Espazos teatrais, o último ciclo de cine da Fundación Caixa Galicia. Películas que parten dun texto teatral, que recuperan o mundo dos actores ou dos cómicos ou fan referencia á farándula son os criterios que agrupan este novo ciclo que xa está de xira polas sedes que a fundación ten nas principais localidades galegas..
Amplía a nova>>
25/11/2008
A música entra en Cineuropa cun concerto da banda municipal
A música desenvolve unha parte importante para o cinema. Por ese motivo,
Cineuropa inclúe na súa programación dous concertos. Un deles terá lugar hoxe (Teatro Principal, 20:00 horas), cando a Banda Municipal interprete a suite
Contos de Alentraia, do compositor galego Euxenio Pazos Pintor. O concerto contará coa ambientación visual de
The Chemical Orange e concluirá coa proxección das curtas galegas
Tornabón e
Cabeza de boi, que teñen esa suite como banda sonora. Canda esta actividade, continúan as proxeccións que hoxe achegan os últimos traballos de Giuseppe Tornatore (
A descoñecida) e de Diao Yi Nan (
Night Train).
.
Amplía a nova>>
25/11/2008
Andy Byatt, realizador de series para a BBC, estará presente na XVIII Semana de Cine submarino
Proxeccións e conferencias sobre arrecifes, corais e a máis variada fauna subacuática conforman o programa da XVIII edición da Semana de Cine Submarino. Unha actividade que este ano conta con Andy Byatt como convidado “estrela”, xa que é realizador da serie da BBC
Planeta Azul, da premiada
Terra e da serie documental
Deep Blue. O programa desenvólvese desde mañá e ata o venres con proxeccións e conferencias no centro cultural que Caixanova ten en Vigo e, por primeira vez, no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias do Mar, na propia Cidade Universitaria..
Amplía a nova>>
24/11/2008
A CRTVG poñerá clausulas aos contratos de dobraxe
Mellorar a corrección lingüística e mesmo as condicións laborais dos traballadores da dobraxe. Isto é o que pretenderá a CRTVG a partir do ano que vén impoñendo diferentes cláusulas aos contratos de dobraxe. Así o asegurou no Parlamento o director xeral do ente público, Benigno Sánchez, como resposta a unha cuestión formulada polo deputado do BNG. Sánchez tamén recoñeceu a diminución das partidas relativas a dobraxe polo incremento da produción propia en detrimento da allea. .
Amplía a nova>>
24/11/2008
O sector reclama a centralización das competencias do audiovisual nun único organismo
Era un secreto a voces. Desde que as competencias do sector audiovisual se repartiron entre Presidencia (na Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, a través da Secretaría Xeral de Comunicación) e a Consellaría de Cultura (que creou a súa Axencia do Audiovisual Galego), o sector foi denunciando continuamente que o modelo non funcionaba. Das denuncias pasaron á acción e o pasado mes de maio, todos os colectivos que representan aos profesionais reuníronse con Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, para exporlle a situación e pedir un cambio. Agora, nunha reportaxe en
La Voz de Galicia, acaban de soicitar un organismo único e transversal para xestionar a política audiovisual. Repasamos neste dosier a situación nesta lexislatura..
Amplía a nova>>