Xaquín Lorenzo e Antonio Román foron os pioneiros facer cine desde un punto de vista etnográfico en Galicia. De feito, a súa película O carro e o home foi a que abriu este subxénero. Atendendo a esa característica o Museo do Pobo Galego acaba de presentar a III Mostra de Cine Etnográfico que se desenvolverá do 31 de outubro ao 6 de novembro. A xornada conta con varias seccións: Espiello, na que se proxectan as cintas gañadoras na última edición do Festival de Cine Documental Etnográfico da Comarca de Sobrarbe (Huesca), e a Carlos Velo, onde o Museo prima a presenza de realizadores e realizadoras galegas.







