Cineuropa inicia a conta atrás. O vindeiro 3 de novembro comezará a XXII edición deste festival que mantén a súa estrutura: proxeccións de filmes independentes, sociais e de autor. O festival abrirá as súas portas o dÃa 3 con A boa nova, o filme sobre o papel da Igrexa durante a Guerra Civil do que falarán en Santiago a súa directora, Helena Taberna e o seu actor protagonista, Unax Ugalde. Un dÃa despois comezará a sección oficial a competitición con tÃtulos como a Palma de Oro en Cannes Entre os muros de Laurent Cantet, Blindness a adaptación realizada por Fernando Meirelles da obra de José Saramago Ensaio sobre a cegueira, ou a subversiva desmitificación que Jean Claude Van Damme fai de sà mesmo na esperada JCVD e a galega A noite que deixou de chover. Nos próximos dÃas coñeceranse os gañadores do premio Cineuropa e a programación completa deste certame que organiza a ConcellarÃa de Cultura de Santiago.