Peque Varela gaña o Mívico 08 coa súa curta 1977

Finalizou a Mostra Internacional de Videocreación do Condado

A película 1977, da realizadora Peque Varela, o traballo Bata por fóra (muller por dentro), de Daniel Castro e o filme After Shave de Daniel Castro, foron os gañadores da II Mostra Internacional de Video Creación do Condado nas categorías de Mellor Videocreación, Mellor Documental e Mellor Curtametraxe de Ficción.

O premios, dotados dunha contía económica de 400 euros e un ‘Miviquiño’, realizado pola artista gráfica Noelia Outeda, entregáronse esta noite no Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, un espazo no que se desenvolveron todas as proxeccións.