Os xirasois cegos (Jose LuÃs Cuerda, 2008) e Sete mesas de billar francés (Gracia Querejeta, 2007) comparten, desde onte, algo máis que ser pelÃculas rodadas en Galicia. Son tamén dúas das tres producións que están na carreira por representar a España nos Óscar. A Academia Española de CinematografÃa deu a coñecer onte os tres tÃtulos (a terceira é Sangue de maio de Jose Luis Garci) que pasaron a peneira entre máis de oitenta producións. A pelÃcula de Gracia Querejeta xa estivo un tempo na carteleira e, segundo datos do Ministerio de Cultura, tivo 219.599 espectadores; da de Cuerda aÃnda non hai datos definitivos tendo en conta que só leva tres semanas en cartel, mentres que a Garci aÃnda non chegou ás salas de cine.