A estratexia da Secretaría Xeral de Política Lingüística no ámbito audiovisual pasa por fomentar o apoio ás televisións, o DVD, internet e as plataformas móbiles e non a dobraxe nas salas de cine e nos formatos estándar. Así o confirmou a Secretaria Xeral, Marisol López, ao ser preguntada polo deputado do BNG, Bieito Lobeira, por que non se fomentou a dobraxe ao galego do último filme de Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal. Ademais, Política Lingüística alega que neste caso puntual se debe exclusivamente a razóns de mercado e, en concreto, do prezo esixido para a dobraxe destes filmes e do inviable que resulta para a administración autonómica asumir a súa contía.







