Os festivais de curtametraxes de Siles, en Jaén e de Montalbanejo recoñeceron o traballo do director Jairo Iglesias co seu filme Cores. Na primeira cita, esta obra ambientada na Guerra Civil gañou, mentres en Montalbanejo obtivo o segundo posto. Os novos premios, sumados aos que xa obtivera en Sada, Redondela e Igualada, fan da produción unha das máis premiadas do ano.