Non é a primeira que vez que o director José Luis Cuerda roda en Galicia. Xa o fixo anteriormente con A lingua das bolboretas e antes aÃnda con O boque animado. Sen embargo, esta vez volve para facer a estrea mundial da súa última pelÃcula Os xirasois cegos. O filme está protagonizado polo galego Martiño Rivas, que comparte cartel con Maribel Verdú, Javier Cámara e Juan Echanove. A cita terá lugar esta noite no Auditorio Municipal de Ourense no que se poderá ver o filme que chegará ás carteleiras o 29 de agosto. Por outra banda, outro tÃtulo rodado na provincia de Ourense, Pradolongo, acaba de ser seleccionado para participar nunha das seccións paralelas e non competitivas do Festival de Cine de San Sebastián. Tal e como asegura o web da Axencia Audiovisual o filme fai parte da sección Made in Spain.