A pelÃcula actualmente en rodaxe Trote será o debut como director do cineasta Xacio Baño e con ela irá á sección de competición oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián. O filme producido por Frida Films, rodado integramente en galego e que conta co apoio de Agadic, a Deputación de Pontevedra e coa participación da TVG será a primeira pelÃcula no noso idioma que compita no prestixiosos festival vasco. O proxecto entra directamente nesta sección oficial ao ter sido seleccionado para participar no programa de residencias Ikusmira Berriak promovido polo festival. para a promoción do audiovisual. A pelÃcula, que se filma nestes meses de xuño e xullo por diversas localizacións galegas, estará gravando na Rapa das Bestas de Amil os vindeiros dÃas 15 e 16 de xullo en Moraña.
Baixo a dirección novel de Xacio Baño os papeis protagonistas do elenco están interpretados por Celso Bugallo, MarÃa Vázquez, Diego Anido, Tamara Canosa e Federico Pérez. A acción de Trote trasncorre durante a Rapa das Bestas e é a historia de Carme, que vive nunha aldea xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadarÃa e ten o desexo de escapar do ambiente pechado e opresivono que vive. A morte da súa nai cambia as circunstancias que a reteñen. Xacio Baño debuta na direcciónnde longametraxes pero ten una vasta experiencia previa na curtametraxe. Os seus filmes Eco (2015), Ser e voltar (2014) e Anacos (2012) obtiveron premios en prestixiosos festivais internacionais. Destacan os galardóns conseguidos nos festivais de Clermont-Ferrand, Locarno, Sevilla, Alcances, Slamdance, Málaga ou Telluride.