No marco do Festival de Cine de San Sebastián celébrase hoxe o acto de entrega do premio Ciudad de San Sebastián Film Comission que recaeu no filme de Ignacion Vilar, Pradolongo. O filme, que foi proposto polo Consorcio Audiovisual de Galicia para este galardón, tamén se exhibirá no marco da sección Made in Spain. En San Sebastián estará, ademais de persoal do Consorcio de Santiago, representantes da Santiago de Compostela Film Comission para repartir material promocional; e de Galicia Calidade, entidade que ofrecerá unha degustación de produtos galegos.