Cuerda intensifica a súa relación con Ourense ao presentar na cidade o seu último filme

Pradolongo seleccionada para unha sección paralela do Festival de San Sebastián

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Non é a primeira que vez que o director José Luis Cuerda roda en Galicia. Xa o fixo anteriormente con A lingua das bolboretas e antes aínda con O boque animado. Sen embargo, esta vez volve para facer a estrea mundial da súa última película Os xirasois cegos. O filme está protagonizado polo galego Martiño Rivas, que comparte cartel con Maribel Verdú, Javier Cámara e Juan Echanove. A cita terá lugar esta noite no Auditorio Municipal de Ourense no que se poderá ver o filme que chegará ás carteleiras o 29 de agosto. Por outra banda, outro título rodado na provincia de Ourense, Pradolongo, acaba de ser seleccionado para participar nunha das seccións paralelas e non competitivas do Festival de Cine de San Sebastián. Tal e como asegura o web da Axencia Audiovisual o filme fai parte da sección Made in Spain.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Terra con cine

Terra con cine

Cuerda volve a rodar en Galicia, escenario de recoñecidos directores de cine

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Auditorio Municipal de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares