A primeira curtametraxe de Eva Quintas Froufe é unha pequena e orixinal comedia sobre un rapaz que convertiu os concursos en todo un estilo de vida. Está protagonizada por Luis Iglesias, Xúlio Abonjo e Anabell Gago, entre outros. A curta obtivo o primeiro premio no Festival Arteficial de Ribadavia e no Premio de Creación Audiovisual da Universidade de Vigo. Publicamos a curta por cortesÃa da directora.