Al dente, This way up e Casitas, mellores curtas de animación en Mundos Dixitais

Finalizou o encontro anual

A curtametraxe Al dente gañou o premio á mellor curtametraxe animación . Tratábase dunha historia de trasfondo operístico con tintes macabros e gastronómicos dirixida por Jean-François Barthelemy, Maël François e Carlos Felipe León Ortiz. Ademáis O público asistente ao Festival de Animación Dixital seleccionou This way up, dos directores Smith e Foulkes, como mellor curtametraxe. No apartado á mellor curta española, o gañador foi o director Juan Carlos Mostaza, co seu traballo Casitas. Por último, Juan Montes de Oca, director do Máster Europeo de Animación por Ordenador Universitat de lles Illes Balears foi galardoado co Premio Especial Mundos Dixitais.