16/06/2008
Narón crea unha mostra cinematográfica de contido social
Non podía ter mellor presidente de honra. Federico Luppi, que anda estes días de xira por Galicia cunha obra de teatro, apadriña a mostra “Cinema e sociedade 2008” que se celebrará en Narón do 4 ao 11 de outubro. A actividade foi presentada en Santiago esta fin de semana e o seu director, Luís Calvo, asegurou que ten un obxectivo dobre: render homenaxe ao colectivo de actores galegos e, doutra banda pór de manifesto problemáticas sociais de máxima actualidade..
Amplía a nova>>
11/06/2008
O actor José García e o director Règis Wargnier participan nun encontro co sector audiovisual
Un é un famoso actor galego afincado en Francia, José García; o outro é un director francés tamén moi coñecido, Règis Wargnier. Os dous están hoxe en Galicia convidados polo Consorcio Audiovisual Galego con dúas actividades na súa axenda. En primeiro lugar, reunirse con representantes da sociedade SempreCinema e, en segundo lugar, manter un encontro con membros do sector audiovisual galego..
Amplía a nova>>
11/06/2008
Cultura convoca as axudas para as escritas de guión e contidos interactivos
Despois de publicar onte as liñas de axuda para desenvolvemento, o Diario Oficial achega hoxe dúas novas convocatorias. Son as de desenvolvemento de contidos interactivos e as de escrita de guións en lingua galega. Ambas as dúas manteñen as contías da última edición e o prazo de presentación é dun mes a contar desde o día seguinte da publicación no DOG. .
Amplía a nova>>
10/06/2008
O Consorcio Audiovisual selecciona os catro proxectos que conforman o catálogo de curtametraxes
“A revolta dos mouses”, de Theseus Films Producciones; “Darío e Verónica” de 235 Producciones Cinematográficas; “O Hospital” do Máster de Produción e Xestión Audiovisual e “Leo”, de Artefacto Producciones, son os catro traballos seleccionados para o programa de Curtas 08. Cada curtametraxe recibirá 3.000 euros ademais de formar parte deste catálogo que está en varios idiomas para promover os traballos en feiras e mercados audiovisuais. .
Amplía a nova>>
06/06/2008
O Consorcio Audiovisual volve achegarse á cinematografía Brasileira con outra mostra
Despois dun primeiro encontro que tivo lugar no ano pasado en Sao Paulo, chega o momento de retomar a cinematografía brasileira e fomentar as súas relacións con Galicia. En colaboración coa Agência Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE), o Consorcio Audiovisual de Galicia presenta do 13 ao 20 de xuño na Coruña un encontro que se asenta en tres piares: un fondo de coprodución para facer películas, un pitching entre produtores de ambas as nacionalidades (os días 13 e 14) e unha mostra de cine brasileiro..
Amplía a nova>>
06/06/2008
"Con só dous anos, Ami tiña un dos sorrisos máis fermosos do planeta".
.
Amplía a nova>>
30/05/2008
As celebracións protagonizan o ciclo de cine para o verán que organiza o CGAC
Q teñen en común
Pequena Miss Sunshine,
Plácido,
Os amigos de Peter,
ou Atrapado no tempo? Pois que son filmes que, dunha ou doutra maneira reproducen unha festa. É a temática arredor da que xira o ciclo de cine que organiza cada verán o Centro Galego de Arte Contemporánea. As proxeccións terán lugar do 9 de xullo ao 28 de agosto ás 22:30 horas. .
Amplía a nova>>
30/05/2008
Javier Veiga: “Sálvame é unha comedia que fala da soidade na que un vive por motivación propia”
Sálvame é a última gañadora do Festival de Cans e, por dúas vías, xa que levou os premios do xurado e do público. Pero non foi máis que o último dos máis de trinta galardóns que acadou este traballo dirixido por Javier Veiga nos últimos meses. Unha curtametraxe que el mesmo nos resume e presenta neste audio..
Amplía a nova>>
30/05/2008
A SGAE promociona o audiovisual na súa sede de Santiago cun ciclo de curtametraxes
Sálvame de Javier Veiga,
Bechos raros de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes;
Propiedad privada Ángeles Muñiz e
Un hombre tranquilo de Aránzazu Gómez Bayón abren esta noite (20:00 horas)
SGAE en curta. Un ciclo co que a delegación do noroeste desta entidade continúa coa súa programación destinada a promover o audiovisual, que iniciaron a fin de semana pasada coa proxección do documental
Old Man Bebo, sobre o pianista cubano Bebo Valdés. O ciclo continuará os vernes do 20 de xuño e 18 de xullo con traballos feitos en Castela e Madrid..
Amplía a nova>>
30/05/2008
Xosé Antón Perozo mestura ironía e suspense en “Auga”
.
Amplía a nova>>