Novas | 3011 a 3020 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

29/05/2008
O Verbum acolle o ciclo de telefilmes e documentais de Cinemas Dixitais

Desde o 3 ao 19 de xuño o Verbum de Vigo acolle un ciclo de telefilmes e documentais. Fai parte do programa “Cinemas dixitais” que organiza a Axencia Audiovisual Galega que presenta traballos galegos relacionados co urbanismo, a memoria histórica, a emigración e os movimentos sociais. A entrada é de balde.. Amplía a nova>>

28/05/2008
As televisións públicas de Galicia e Portugal acordan intensificar as súas relacións

Existen lazos culturais e unha intensa relación de veciñanza entre Galicia e Portugal. Por iso, o director xeral da CRTVG, Benigno Sánchez, e o vicepresidente do Consello de Administración da Radio Televisión Portuguesa (RTP) asinaron un convenio para abrir vías de colaboración. Isto implica coproducir proxectos audiovisuais conxuntos, intercambiar programas de cada unha das dúas cadeas e informarse mutuamente sobre as producións de cada entidade co fin de mercar os seus dereitos. Para conseguir eses obxectivos, que teñen unha duración de dous anos, crearán unha comisión mixta (tres representantes de cada entidade). . Amplía a nova>>

26/05/2008
Margarita Ledo consegue o premio Nacional de Cine e Audiovisual

Esta fin de semana coñecéronse os catro primeiros gañadores dos Premios Nacionais da Cultura que acaba de crear a Consellaría de Cultura. Un galardón dotado con 15.000 euros e que no eido do Cinema e o Audiovisual, recaeu na profesora Margarita Ledo (Castro de Rei, 1951). A súa faceta como cineasta, investigadora, profesora, promotora e divulgadora, tanto no país como no panorama internacional da imaxe, foron os méritos polos que o xurado decidiu concederlle este galardón. Margarita Ledo Andión é escritora, cineasta e actualmente catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela.. Amplía a nova>>

26/05/2008
A Mesa e Apradoga instan á Xunta a crear un Servizo Galego de Dobraxe

Esta fin de semana chegaba á carteleira a última película da saga de Indiana Jones. Como o filme ten versión catalana, a Mesa pola Normalización Lingüística e Apradoga (Asociación de profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia), aproveitaron para presentar un escrito no que solicitan, entre outras cousas, a creación do Servizo Galego da Dobraxe e Lexendaxe. Ademais, estes dous colectivos repartirá 8.000 pegatinas e 300 carteis co lema “Indiana Jones, na procura da dobraxe perdida”. . Amplía a nova>>

26/05/2008
O xurado e o público de Cans premia a Javier Veiga pola curta Sálvame

A curta de ficción do humorista e presentador Javier Veiga, Sálvame, así como a curta de animación de Peque Varela 1977 son as gañadoras dos premios que concede o xurado da quinta edición do Festival de Cans. A interpretaciòn de Nuria Sanz por Perversa Lola e Luis Zahera por Rosinda y Jacinto foron tamén galardoadas polo xurado. Estes premios únense aos xa sabidos: o premio de honra Pedrigree 08 para Chete Lera, os de mellor video clip para Calamar (The Homens) e Espanha a las 8 (Elodio y los Seres queridos) que lles deron o xurado e o público respectivamente.. Amplía a nova>>

23/05/2008
Un ciclo reflexiona sobre a modernidade no cinema contemporáneo

Carlos F. Heredero, director da edición española da revista “Cahiers du cinema”, así como varios colaboradores da publicación e outros especialistas estarán en Pontevedra do 27 de xuño ao 1 de xullo para analizar o discurso do cinema contemporáneo desde o punto de vista da modernidade. As fronteiras entre a ficción e o documental ou a tecnoloxía dixital fan parte deste ciclo que organiza o vicerreitorado do Campus de Pontevedra que hoxe abre o seu prazo de inscrición. O curso achega dous créditos de libre configuración para os estudantes de calquera facultade de Galicia.. Amplía a nova>>

23/05/2008
O Festival de Cans entrega a Chete Lera o seu galardón de honra, nunha noite de premios

A programación da xornada de hoxe do Festival de Cans ven cargada de premios. Abre os actos programados para hoxe Javi Camino co seu “Maldito bastardo” (16:30 horas), a longametraxe gore que o martes se preestreou en Santiago con grande éxito entre o público. Xa pola noite, entregaranse os premios do "concurso de Videoclips", os chimpíns de prata a Miguel de Lira e a Alicia Sánchez polo seu apoio ao festival, e o Pedigree 08 a Chete Lera. Todo isto, con moita música e a presentación do documental “Fin da viaxe infinita” de Iván López Gimeno.. Amplía a nova>>

23/05/2008
TVG abre un espazo no seu web para subir as versións en galego das verbenas

Televisión de Galicia acaba de sumarse á campaña “Mil festas máis para a lingua galega” habilitando unha sección no seu sitio web para que a xente suba os seus vídeos. Esta campaña, para promover a galeguización das verbenas, pretende conseguir que os veciños envíen vídeos musicais con artistas con cancións en galego ou versións populares. . Amplía a nova>>

22/05/2008
A Coruña acolle a preestrea de “Abrígate”, o último filme de Continental

Os cines Fílmax da Coruña vístense de gala (por segunda vez nunha semana) para acoller a preestrea de “Abrígate”, a última produción de Continental. Rodada integramente en Betanzos e A Coruña, conta a encrucillada na que se atopa Valeria (Manuela Pal) cando descubre que está namorada de Marcelo (Félix Gómez), que é o fillo do seu maduro e atractico amante que acaba de morrer. Un conflicto que vai resolvendo coa axuda de Adela (María Bouzas), a súa amiga e xefa. O filme chega mañá ás carteleiras. . Amplía a nova>>

22/05/2008
As longametraxes entran no Festival de Cans da man de Mario Iglesias

O Festival de Cans celebra hoxe a segunda xornada desta edición cunha cita moi agardada: a preestrea de “Cartas Italianas”, a longametraxe do pontevedrés Mario Iglesias. En primeiro lugar, porque supón o salto ás películas deste certame, incialmente concibido para curtas. E, en segundo lugar, porque se trata da estrea da terceira longametraxe deste prolífico realizador pontevedrés que está a preparar a súa quinta película. Iglesias tamén fai parte do “proxecto de creación audiovisual 303”, co que Álex Sampaio, Fernando Cortizo e Jorge Saavedra (todos eles premiados polo público en anteriores edicións) realizarán pezas de ficción que non deben superar os tres minutos de duración e han de estar rodadas nesta localidade. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org