O Festival de Cans entrega a Chete Lera o seu galardón de honra, nunha noite de premios

Un día moi completo

A programación da xornada de hoxe do Festival de Cans ven cargada de premios. Abre os actos programados para hoxe Javi Camino co seu “Maldito bastardo” (16:30 horas), a longametraxe gore que o martes se preestreou en Santiago con grande éxito entre o público. Xa pola noite, entregaranse os premios do "concurso de Videoclips", os chimpíns de prata a Miguel de Lira e a Alicia Sánchez polo seu apoio ao festival, e o Pedigree 08 a Chete Lera. Todo isto, con moita música e a presentación do documental “Fin da viaxe infinita” de Iván López Gimeno.