Comeza unha nova edición do festival de Cans que este ano inclúe longametraxes

Chegan os cans

20/5/2008 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
1 lecturas | Compartido 0 veces
Mañá comeza en Cans (Porriño) a quinta edición do festival de curtametraxes máis peculiar de Galicia. Entre as súas particularidades (proxeccións en galpóns, adegas e alpendres, máis os chimpíns como medio de transporte), este ano presenta varias novidades. En primeiro lugar que os seus premios teñen contía económica, en segundo lugar, que abre o cartel para as longametraxes. Entre elas destaca a longametraxe gore “Maldito bastardo!”, que hoxe se preestrea e Santiago. O certame, no que este ano está convidado Juanma Bajo Ulloa, destaca pola súa aposta a prol de producións audioviusais galegas.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Entidades
Conceptos