Esta fin de semana chegaba á carteleira a última película da saga de Indiana Jones. Como o filme ten versión catalana, a Mesa pola Normalización Lingüística e Apradoga (Asociación de profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia), aproveitaron para presentar un escrito no que solicitan, entre outras cousas, a creación do Servizo Galego da Dobraxe e Lexendaxe. Ademais, estes dous colectivos repartirá 8.000 pegatinas e 300 carteis co lema Indiana Jones, na procura da dobraxe perdida.








