Televisión de Galicia acaba de sumarse á campaña Mil festas máis para a lingua galega habilitando unha sección no seu sitio web para que a xente suba os seus vídeos. Esta campaña, para promover a galeguización das verbenas, pretende conseguir que os veciños envíen vídeos musicais con artistas con cancións en galego ou versións populares.








