O ciclo Modernidade e cinema actual é o primeiro dos múltiples seminarios que se desenvolven en Galicia este verán. O ciclo terá lugar en Pontevedra ata a vindeira semana e analizará, enter outras, as fronteiras entre a ficción e o documental ou a tecnoloxía dixital. A Universidade de Santiago oferta, no seu programa de cursos de verán, dúas citas: unha en Santiago do 14 ao 17 de xullo baixo o título de Televisión e ficción e outra para Tomiño e Vilanova da Cerveira (entre 22 e 27 de xullo) sobre Filminho 2008: reflexións sobre o audiovisual galego e portugués. Canda estas iniciativas, a Fundación Carlos Casares, organiza tamén para o mes de xullo a quinta edición do curso de extensión universitaria sobre medios andiovisuais co título "Os sons e as imaxes da información". Será entre o 9 e o 11 de xullo e o prazo rematará o mesmo día de inicio do curso.








