A Lei do Cine volve xerar polémica medio ano despois de ser publicada. Os produtores non están moi contentos co borrador do regulamento que desenvolve o texto lexislativo, por iso emitiron un documento que sintetiza en 13 puntos as súas discrepancias. O que máis lle preocupa é o non desenvolvemento dos incentivos fiscais e que non se anuncie a posta en marcha da Axencia Estatal da Cinematografía, organismo que debe substituír ao actual ICAA.








