Rodan en Santiago a adaptación cinematográfica dunha obra teatral de Mario Benedetti

Rodar en exteriores

“Afranio” e “Pedro e o capitán” son os títulos de dúas producións que se rodan estes días no país. A primeira delas conta a historia de Antón Alonso Ríos, o republicano que sobreviviu disfrazado dun menciñeiro polos montes de Forcarei. Este filme será un documental dirixido polo tudense Víctor Aparicio e estase a rodar estes días en Tui. A outra produción será una película rodada en galego que protagonizan Diego Anido e Miguel de Lira e consiste nunha adaptación cinematográfica da coñecida peza teatral de Mario Benedetti.