O madrileño Daniel Utrilla faise co premio de guións de Curtocuircuíto por “A princesa ledicia”

Plató sen Compostela

“Trátase dun conto de fadas que reflexiona sobre a amizade” explicou o concelleiro de promoción económica, Xosé Manuel Iglesias, na rolda de prensa de presentación do gañador do certame de guións “Compostela Plató” de Curtocircuito. O premio desta edición foi para o madrileño Daniel Utrilla que presentou “A princesa ledicia” que combina imaxe real e animación en 2D. O premio consiste na produción do traballo, que se levará a cabo no mes de xullo en Santiago. A produtora Mamen Quintas destacou a dificultade desta produción que se desenvolverá principalmente en interiores.