Despois dunha semana de proxeccións e encontros rematou na Coruña o II Encontro audiovisual Galicia-Brasil. Un foro que a Secretaría Xeral de Comunicación cualifica nunha nota de prensa como moi positivo ante o alto número de asistentes ás proxeccións. En canto á presentación de proxectos, 9 productoras brasileiras e 27 galegas avanzaron conversas para a realización de traballos, que esperan concretar nos vindeiros meses.








