Novas | 2721 a 2730 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

12/05/2009
Martín Rivas participa na primeira película colaborativa da rede

En plena efervescencia da web 2.0 asentada nos principios da colaboración e do intercambio áxil de información entre os usuarios, chega a Wikipeli. Un proxecto cinematográfico impulsado por José Corbacho e Juan Cruz que solicitan a opinión dos futuros espectadores a través do sitio web para todas as fases do proxecto. O galego Martín Rivas é o protagonista, xunto con Blanca Suárez e Álex Angulo, desta curtametraxe que comezou a rodarse onte en Madrid. . Amplía a nova>>

11/05/2009
Moitas novidades na sexta edición dun Festival de Cans que homenaxea a Javier Villaverde

Comeza a posta a punto dos chimpíns que percorrerán as corredoiras de Cans (Porriño) durante a sexta edición do seu festival de curtametraxes. Un encontro que terá lugar do 20 ao 23 de maio e que nesta ocasión conta con moitas novidades: a sección Fillos de Cans na que os directores que participaron no certame amosan os seus proxectos; un disco Chimpín para un Dj que pincha desde un chimpín; a gravación dunha serie de televisión en pleno festival ou a celebración dunha visita dos directivos de televisións de todo o Estado convidados polo Clúster. Nesta ocasión, o Premio Pedrigree irá para Javier Villaverde pola súa traxectoria no sector audiovisual, e concederá a Camilia Bossa e a un veciño da localidade (Silvino) os “Chimpíns de prata 09” polo seu traballo a prol do certame.. Amplía a nova>>

08/05/2009
O Festival Internacional de cine da Palma homenaxea ao director pontevedrés Mario Iglesias

O vindeiro luns comeza na Palmas a VII edición do Festivalito, o festival internacional de cine da Palma. Un certame que este ano inclúe numerosa representación galega. Nesta ocasión, o director homenaxeado é o galego Mario Iglesias, do que se poderán ver dúas curtametraxes e dúas longametraxes. Na sección oficial destaca Pedro e o capitán de Pablo Iglesias, mentres que nas non oficiais se proxectarán os últimos traballos dos directores galegos Edu Lavandeira (Entrevías), Rubén Coca e Eva Quintas (Palíndromo).. Amplía a nova>>

08/05/2009
Amal amplía o número de filmes na súa sétima edición

É o certame que pretende achegar a cultura e a cinematografía do mundo árabe á sociedade galega. Nesta sétima edición de Amal, o cartel contará ademais cun ciclo de cine exipcio dos anos cincuenta, así como unha programación especial dirixida ao público infantil. O director do festival, Galeb Jaber Martínez, asinou onte un convenio con Suso Iglesias, director da TVG, para que a cadea pública difunda nos distintos espazos que teñen que ver coa difusión cultural e audiovisual o encontro que se desenvolverá do 23 ao 31 de outubro. Ademais, a galega outorgará un premio á mellor longametraxe (documental ou ficción) e comprará os dereitos de emisión para televisión, valorados en 12.000 euros. . Amplía a nova>>

07/05/2009
O Ministerio de Industria atrasa “sen data” o apagón analóxico en Galicia

A Oficina Técnica da Televisión Terrestre de Galicia dispón do apartado “Conta atrás”, para informar os cidadáns de cando se producirá o apagón analóxico nos concellos galegos. A comarca de Santiago e 43 concellos próximos tiñan previsto que iso sucedese en dous meses. Sen embargo, La Voz de Galicia asegura hoxe que esa datas non son reais, xa que o Ministerio de Industria confirmou que a data límite queda postosta “en principio, sine die”. ¿Os motivos? Principalmente que non se cumplen os requisitos para producir o cambio, xa que a cobertura dixital aínda non iguala á preexistente.. Amplía a nova>>

06/05/2009
O Consorcio Audiovisual selecciona tres producións para o seu catálogo Curtas09

Formar parte do catálogo Curtas que elabora anualmente o Consorcio Audiovisual de Galicia é o un billete de acceso a numerosos festivais e internacionais de prestixio de ámbito internacional, así como 3.000 euros para promoción. Este ano, as tres producións que o integran son Mínimo común múltiplo de Rubén Coca, Por nada de Dani de la Torre e Toni Vega e Bata por fóra (muller por dentro) de Claudia Brenlla. A cuarta curtametraxe que complete o catálogo será a gañadora do premio de público ao mellor traballo de animación do Festival de Cans. José Luis Cienfuegos, Jaime Pena, José Luis Rebordinos e Alfonso Pato foron os membros do xurado desta edición.. Amplía a nova>>

05/05/2009
A UNESCO incorpora a serie Linatakalam á súa mediateca audiovisual

Un espazo para ver diferentes culturas do mundo. Isto é o que é a mediateca audiovisual da UNESCO, un sitio web que conta a día de hoxe con 500 producións audiovisuais. Unha listaxe á que se acaba de incorporar unha produción galega, Linatakalam. Esta serie documental está elaborada por Ibisa Tv, e recolle os problemas do mundo árabe e Galicia a través de temas comúns como a emigración, os dereitos da muller ou os problemas da escaseza de auga. A incorporación ao catálogo supón, en palabras do seu director Valentín Carrera, “unha nova vía de exhibición e distribución” deste tipo de produtos culturais. Tal e como figura no seu sitio web, a plataforma incorpora contidos de carácter cultural para que realizadores e produtores independentes “promovan e comercialicen os seus produtos entre organismos de radiodifusión, organizadores de festivais e outras institucións”. . Amplía a nova>>

04/05/2009
Os mortos van ás présas cumpre os prognósticos e faise con 9 Mestre Mateo

Pontevedra vestiuse de gala o pasado xoves para conceder os premios máis importantes do audiovisual galego, os Mestre Mateo 2008. A gran vencedora da noite foi a primeira longametraxe de imaxe real de Ángel de la Cruz, Os mortos van ás présas, que levou nove premios, entre os que destaca o seu equipo actoral (gañaron Chete Lera como actor principal; Xosé Manuel Olveira “Pico” por interpretación de reparto e Belén Constenla como secundaria). Foi A noite que deixou de chover, a que levou os galardóns máis destacados: dirección e guión para Alfonso Zarauza. No palmarés destaca tamén Padre Casares (mellor serie de televisión e mellor realización), Belén Regueira (mellor comunicadora de televisión) e Tamara Canosa (mellor actriz protagonista).. Amplía a nova>>

29/04/2009
As mulleres do audiovisual crean unha asociación para defender a súa presenza no sector

Hai tres anos creouse unha asociación de carácter estatal co obxectivo de por en valor o papel da muller no sector audiovisual. Chámase CIMA e neste tempo púxolle cifras á situación: só o 7% son directoras, o 15% guionistas e o 21% produtoras. Esta entidade conta, desde hoxe, con delegación en Galicia. Entre as actividades previstas figura a de denunciar os incumprimentos en materia de xénero, apoiar a Administración para que realice políticas que promovan a presenza feminina no sector; organizar unha mostra de cine con filmes dirixidos por mulleres que se proxectará nas sete cidades, e contar cun portal web que sirva como punto de encontro. A delegada en Galicia desta entidade é Chelo Loureiro e, como suplente, Marta Villar.. Amplía a nova>>

28/04/2009
A extinción está a punto

Evento Ligado á Extinción (E.L.E.) está chamado a ser un fito na industria do videoxogo galego. Esta produción, resultado da alianza de Alia3D con Continental Producións, está xa rematada e só agarda fechar acordos de distribución para chegar aos nosos aparellos electrónicos. O responsable deste proxecto, Carlos Fernández, fálanos dunha ambiciosa iniciativa que naceu cos ollos postos no mercado internacional. Na casa, a nominación aos premios Mestre Mateo deste ano supón xa un primeiro recoñecemento a este traballo.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org