O Consorcio Audiovisual selecciona tres producións para o seu catálogo Curtas09

A cuarta curtametraxe será a gañadora do premio do público do Festival de Cans

Formar parte do catálogo Curtas que elabora anualmente o Consorcio Audiovisual de Galicia é o un billete de acceso a numerosos festivais e internacionais de prestixio de ámbito internacional, así como 3.000 euros para promoción. Este ano, as tres producións que o integran son Mínimo común múltiplo de Rubén Coca, Por nada de Dani de la Torre e Toni Vega e Bata por fóra (muller por dentro) de Claudia Brenlla. A cuarta curtametraxe que complete o catálogo será a gañadora do premio de público ao mellor traballo de animación do Festival de Cans. José Luis Cienfuegos, Jaime Pena, José Luis Rebordinos e Alfonso Pato foron os membros do xurado desta edición.