É o certame que pretende achegar a cultura e a cinematografÃa do mundo árabe á sociedade galega. Nesta sétima edición de Amal, o cartel contará ademais cun ciclo de cine exipcio dos anos cincuenta, asà como unha programación especial dirixida ao público infantil. O director do festival, Galeb Jaber MartÃnez, asinou onte un convenio con Suso Iglesias, director da TVG, para que a cadea pública difunda nos distintos espazos que teñen que ver coa difusión cultural e audiovisual o encontro que se desenvolverá do 23 ao 31 de outubro. Ademais, a galega outorgará un premio á mellor longametraxe (documental ou ficción) e comprará os dereitos de emisión para televisión, valorados en 12.000 euros.