O Festival Internacional de cine da Palma homenaxea ao director pontevedrés Mario Iglesias

Pedro e o capitán de Pablo Iglesias compite na sección oficial

O vindeiro luns comeza na Palmas a VII edición do Festivalito, o festival internacional de cine da Palma. Un certame que este ano inclúe numerosa representación galega. Nesta ocasión, o director homenaxeado é o galego Mario Iglesias, do que se poderán ver dúas curtametraxes e dúas longametraxes. Na sección oficial destaca Pedro e o capitán de Pablo Iglesias, mentres que nas non oficiais se proxectarán os últimos traballos dos directores galegos Edu Lavandeira (Entrevías), Rubén Coca e Eva Quintas (Palíndromo).