O thriller carcerário Cela 211 abrirá a XIV edición do Festival de Cine de Ourense

O encontro terá lugar do 10 ao 17 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Mañá darase a coñecer a programación oficial do que será a décimocuarta edición do Festival de Cine de Ourense, que se desenvolverá do 10 ao 17 de outubro. Un encontro que abrirá a coprodución de Vaca Films, Cela 211, que está protagonizada por Luís Tosar. Na sección oficial de longametraxes a competición destaca a película de Pablo Iglesias, Pedro e o Capitán, adaptación cinematográfica dun conto de Benedetti. Na sección documental compite a película Flores tristes, mentres que na de animación destacan as producións galegas O güerepork, O pintor de ceos e o O soldadiño de chumbo. Entre as novidades deste encontro, destaca o I Festival Ouff Escola de Ourense, sección que pretende implicar aos escolares na creación audiovisual ao longo de todo o ano e cuxos premios entregaranse no marco do festival.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Luís Tosar, Animación...