Despois dunha edición de transición, o Festival de Cine de Ourense (OUFF) abre unha nova etapa. O seu director, Enrique Nicanor, acaba de presentar algunhas das novidades dun certame que cambia de datas (adÃantase ao mes de outubro), ten nova sede (Auditorio municipal), crea dúas seccións competitivas (animación e novos media) e incrementa as seccións paralelas, entre as que destaca o Foro da lingua, para analizar a relación entre o audiovisual e a lingua. O OUFF duplica o seu orzamento (ten agora 600.000 euros) e incrementa o número de pelÃculas participantes (283 fronte as 197 do ano anterior) que proceden de 88 paÃses. No que respecta ás seccións competitivas destacan sete producións galegas, entre as que se atopa a terceira longametraxe de Mario Iglesias Cartas Italianas.